Complemento (inmunidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O sistema do complemento atacando unha membrana.

Denomínase complemento a un conxunto de proteínas séricas que colaboran coa inmunidade. Está composto por varias proteínas. As máis activas son as proteínas C, das que hai varios subtipos: C1, C2, C3, C4...

Índice

[editar] Características das proteínas do complemento

Cumpren dúas características esenciais:

  • Son capaces de romper proteínas (proteólise)
  • A pesar do seu grande tamaño son capaces de asociarse entre sí

[editar] Obxectivos do complemento

Son dous obxectivos:

  • Formación do complexo MAC, antibacteriano e antiviral.
  • Formación de anafilotoxinas, que interveñen en diversos procesos inmunitarios, como a opsonización e a inflamación.

[editar] Vías de activación do complemento

  • Vía clásica: Actívase ao producirse a interación antíxeno-anticorpo. Esto esperta a actividade da proteína C1. C1 rompe a C4 e C2 en C4a, C4b, C2a e C2b. Fórmase o complexo C3-convertasa pola unión de C2b e C4a. O C3 convertasa rompe C3 en C3a e C3b. C3b únese ao complexo C3-convertasa, constituíndo o complexo C5-convertasa. Este rompe a C5 en C5a e C5b. C5b únese a C6, C7, C8, C9 formando o complexo MAC.
  • Vía alternativa: En contacto cos lipopolisacáridos de membrana bacteriana C3 autoescíndese en C3a e C3b. C3b únese a C3 formando outro complexo C3-convertasa. O proceso segue a partir de aquí coma na vía clásica.

[editar] Anafilotoxina C3b

Ten varias funcións distintas:

  • Activa o macropéptido MAC
  • Únese a un receptor dun fagocito e ao mecrobio, facilitando a fagocitose. É a opsonización
  • Favorece a eliminación do complexo antíxeno-anticorpo a través do receptor CR2 de eritrocito
  • Colabora co receptor de linfocito B no recoñecemento antixénico

[editar] Textos de consulta

  • Abbas, Inmunología celular y molecular
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas