Colineta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colineta

Colineta de Viveiro.
Tipo Doce
Orixe Galicia Galicia
Asturias Asturias
País Vasco País Vasco
Ingredientes
Orixe animal Ovos
Orixe vexetal Azucre
Améndoa

A colineta é unha especie de biscoito feito con ovos, azucre e améndoas moídas, sen fariña. Faise nalgúns lugares da Mariña de Lugo (O Valadouro, Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo) e tamén en zonas de Asturias e País Vasco.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A referencia máis antiga desta sobremesa pode atoparse no libro Libro de cocina a propósito para la mesa vizcaína de María Dolores Vedia Goosfens e publicado en 1903. Tamén pode atoparse no libro La cocina práctica de Picadillo, publicado en 1905.[1]

Preparación[editar | editar a fonte]

"Colinetas pastel típico de Viveiro"

Segundo Picadillo, a receita da colineta é a seguinte:

Colineta- Bátense quince xemas de ovo cunha libra de azucre, engádeselles unha libra de améndoas feitas pasta, úntase un molde de manteiga, colócase a masa nel, e cócese no forno.
La cocina práctica. [2] [3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 A cociña do Merlín, Miguel Vila Pernas, Editorial Galaxia, 2005.
  2. Tradución do orixinal en castelán.
  3. La cocina práctica, Picadillo, A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.