Clásica dos Alpes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Clásica dos Alpes era unha carreira ciclista profesional dun só día que se disputaba nos Alpes do departamento da Saboia (Francia).

[editar] Historia

Era unha carreira única na súa especialidade, xa que era a única clásica que se disputaba na alta montaña e na que había que superar numerosos portos de montaña.

Comezouse a disputar en 1991 e celebrouse ininterrompidamente ata 2004, ano da súa desaparición.

O percorrido tradicional unía as localidades de Chambéry e Aix-les-Bains.

O ciclista que en máis ocasións se impuxo na proba foi o francés Laurente Jalabert, con dúas vitorias.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas