Citroën 2CV
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fabricante | |
|---|---|
| Produción | 1948-1990 |
| Motor | 375 cc, 425 cc e 602 cc |
| Potencia | 9, 12 e 21 CV |
| Lonxitude | 3'860 m |
| Anchura | 1'480 m |
| Altura | 1'600 m |
O Citröen 2CV (chamado popularmente Dous Cabalos) foi un modelo de automóbil de baixo custo creado pola compañía francesa Citroën. Foi presentado á prensa no Salón do Automóbil de París en 1948 cun motor de 375 cc. Máis adiante tivo melloras, como un novo motor de 425 cc en 1955 e outro de 602 cc en 1966. O derradeiro 2CV fabricouse o 27 de xullo de 1990. Na factoría de Citroën en Vigo estivo en produción entre os anos 1959 e 1984.
Vendéronse un total de 5.110.000 unidades.