Circuíto urbano de Hanoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto urbano de Hanoi
Plano do Circuíto
Circuíto actual
Datos
Carreiras
Localización Hanoi, Vietnam
Lonxitude actual 5,565 km
Curvas 22
Volta rápida
Piloto récord
Escudería récord
Coordenadas Coordenadas: 21°01′00″N 105°45′57″L / 21.016597222222, 105.76573611111
Vista do Circuíto

O circuíto urbano de Hanoi ( vietnamita:Đường đua phố Hà Nội) é un circuíto de carreiras situado no distrito de Nam Từ Liêm de Hanoi, a capital de Vietnam. É un circuíto de carreiras urbano deseñado para acoller o Gran Premio de Vietnam, unha rolda do Campionato do Mundo de Fórmula Un. O circuíto ten 5´565 km e deseñouno o arquitecto de circuítos Hermann Tilke.[1] O circuíto urbano de Hanoi debuta no calendario de Fórmula Un en 2020.

O circuíto está situado xunto ao Estadio Nacional Mỹ Đình e consta dunha sección de rúa temporal e un deseño construído a propósito que estará aberto ao público unha vez completado.[2] Tamén ten unha das rectas máis longas do calendario de 1´5 km. de lonxitude. A sección construída a propósito inspírase en varios circuítos existentes, incluído o Circuíto de Mónaco, o Circuíto de Suzuka, o Circuíto Internacional de Sepang e Nürburgring "GP-Strecke". Esta filosofía de adaptar curvas doutros circuítos utilizouse anteriormente para realizar o deseño do Circuíto das Américas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Everything you need to know about the new Vietnam street circuit". formula1.com (en inglés) (Formula One Administration). 9 de novembro de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  2. Herrero, Daniel (7 de novembro de 2018). "Vietnam secures 2020 Formula 1 berth". speedcafe.com (Speedcafe). Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  3. Maher, John (23 de abril de 2012). "Turn for turn, Austin track's design, layout should look familiar to F1 drivers". Austin-American Statesman. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]