Chryse Planitia
| Chryse Planitia | |
|---|---|
| Imaxe tomada pola Viking Lander 1, no lugar da súa aterraxe en Chryse Planitia. | |
| Tipo de accidente xeolóxico | Planitia |
| Rexión de | Marte |
| Anchura | 1.542,44 km[1] |
| Coordenadas | 28,43° S 319,69° E[1] |
| Procedencia do nome | Accidente xeolóxico clásico, do grego para chaira dourada.[1] |
Chryse Planitia (procedente do grego, para "Chaira Dourada") é unha suave chaira circular do hemisferio norte de Marte, fai fronteira ó norte con Acidalia Planitia e ó noroeste con Terra Tempe, cara o leste con Arabia Terra, cara o suroeste con Lunae Planum e no sur fai fronteira con Xanthe Terra e con Magaritifer Terra,[2], está centrada sobre as coordenadas 28,43° S 319,69° E[1]. Chryse Planitia está a cabalo entre o cuadrante de Lunae Palus[3] e o cuadrante de Oxia Palus[4]. Posúe un diámetro medio de máis de 1.500 kms[1] e o seu chan está a máis 2,5 km por debaixo do nivel do mar marciano, e pensase que é unha antiga cunca nacida a través dun gran impacto; ten algunhas semellanzas cos mares lunares, coma fallas e dorsais. A densidade de cráteres con diámetros entre 100 mts a 2 kms é moi parecida á media existente nos mares lunares.
Chryse Planitia amosa evidencias dunha erosión por auga acontecida no pasado e é o destino final de moitos regueiros e grandes canles que proveñen das terras altas que case rodean por completo (excepto polo norte) á planitia, incluso recolle canles que nacen no Valles Marineris e nas ladeiras da rexión de Marte. Xa que é unha das rexións máis baixas de Marte (2-3 km por debaixo da altitude media do planeta), a auga tende a fluír cara ela. As maiores elevacións proveñen xeralmente dende a área de Tharsis e está altitude vai descendendo cara Chryse. Cara o leste, cara Arabia Terra, a altitude tamén se incrementa, pero Arabia Terra non acada as altitudes das Terras ó oeste e sur de Chryse Planitia. O enorme Ares Vallis provén tamén da rexión de Tharsis, viaxa atravesando case toda a Margaritifer Terra e morre en Chryse. Os Tiu Valles e Simud Valles veñen tamén a morrer a Chryse.[5] Moitos destes antigos vales foron descubertos polas sondas Viking, proporcionando evidencias fiables de cursos de auga fluíndo nunha época pasada sobre a superficie de Marte.[6][7][8]
Tense proposto que a cunca de Chryse puido no pasado conter un gran lago ou un océano durante a idade Hespérica ou a principios da idade Amazónica xa que tódalas canles e vales que morren en Chryse, fano á mesma altitude, o cal podería indicar unha antiga liña de costa. A cunca plana de Chryse ábrese (atravesando Acidalia Planitia) cara a Vastitas Borealis, a gran cunca plana que ocupa todo o polo norte marciano, se existiu un océano no polo norte marciano, Chryse sería unha gran baía dese océano.
A Viking 1 aterrou en Chryse Planitia, pero a lugar de aterraxe non estaba preto das canles e o terreo nese punto era principalmente de orixe volcánica. A Mars Pathfinder aterrou xusto na desembocadura de Ares Vallis, xusto entre a fronteira de Chryse Planitia e Margaritifer Terra.
Índice |
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Planetary Names: Planitia, planitiae: Chryse Planitia on Mars". http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/1203?__fsk=143109820. Consultado o 18-03-2012.
- ↑ "Mola Regional Boundaries". http://planetarynames.wr.usgs.gov/images/mola_regional_boundaries.pdf. Consultado o 18-03-2012.
- ↑ "MC-10 Lunae Palus". http://planetarynames.wr.usgs.gov/images/mc10_mola.pdf. Consultado o 18-03-2012.
- ↑ "MC-11 Oxia Palus". http://planetarynames.wr.usgs.gov/images/mc11_mola.pdf. Consultado o 18-03-2012.
- ↑ Victor R. Baker.1982.The Channels of Mars, ISBN 0-292-71068-2
- ↑ >Strom, R.G., Steven K. Croft, and Nadine G. Barlow, "The Martian Impact Cratering Record," Mars, University of Arizona Press, ISBN 0-8165-1257-4
- ↑ Raeburn, P. 1998. Uncovering the Secrets of the Red Planet Mars. National Geographic Society. Washington D.C.
- ↑ Moore, P. et al. 1990. The Atlas of the Solar System. Mitchell Beazley Publishers NY, NY.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Google Mars scrollable map - centered on Chryse Planitia
- Martel, L.M.V. (June, 2001) Outflow Channels May Make a Case for a Bygone Ocean on Mars. Planetary Science Research Discoveries. http://www.psrd.hawaii.edu/June01/MarsChryse.html
- Mapa coas fronteiras das rexións de Marte
- Mapa topográfico de Marte, con nomenclatura detallada das rexións de Marte] (en inglés)