Tempe Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tempe Terra
Tempe Terra topography map.jpg
Mapa topográfico de da rexión central de Tempe Terra.
Tipo de accidente xeolóxico Terra
Rexión de Marte
Diámetro medio 1.954,94 km[1]
Altitude  ?
Coordenadas 38,69° N 289,39° E[1]
Procedencia do nome fai referencia ó Val do Tempe, que está ó sur do Monte Olimpo.[1]

Tempe Terra é unha rexión de terras altas fortemente craterizada do hemisferio norte marciano. Localizado no bordo nordés da gran rexión volcánica de Tharsis, Tempe Terra destaca polo alto grao de fracturación e deformación da súa codia. A rexión tamén contén un gran número de pequenos volcáns de escudo, regueiros de lava e outras estruturas volcánicas.

A rexión recibiu o seu nome doutro accidente xeolóxico de albedo, chamado tamén Tempe, que fora usado anteriormente polo astrónomo E.M. Antoniadi no ano 1930 para describir unha gran mancha de terreo centrada nas coordenadas 40° N 70° O. O nome en si, fai referencia ó Val do Tempe, un val situado ó sur do Monte Olimpo, que era moi famoso entre os antigos gregos pola súa beleza natural. A Unión Astronómica Internacional (UAI) outorgoulle ó seu nome actual no ano 1979. Terra é un termo latino usado na xeoloxía planetaria para describir rexións de terras altas (termo usado para tódolos planetas, a excepción da Terra) semellantes en tamaño a sub-continentes.[1]

Localización e descrición[editar | editar a fonte]

Tempe Terra está situada na parte oriental do cuadrángulo de Arcadia (MC-03) e no extremo occidental do cuadrángulo de Mare Acidalium (MC-04), dentro do hemisferio occidental de Marte. Está situado sobre as coordenadas 39°42′N 289°00′E / 39.7°N 289°E / 39.7; 289Coordenadas: 39°42′N 289°00′E / 39.7°N 289°E / 39.7; 289 e estendese ó longo de máis de 2.700 km pola súa parte máis ancha.[1] A rexión queda comprendida entre as coordenadas 30°-54° N 265°-310° E, cubrindo case 2,1 millóns de km2,[2] unha area equivalente a Arabia Saudita. Fai fronteira cara o este con Chryse e Acidalia Planitiae, cara o norte coas chairas baixas de Arcadia Planitia e Vastitas Borealis, e cara o sur fai fronteira coa rexión de grandes canles de desaugue do Kasei Valles.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Tempe Terra ocupa unha zona de transición entre as vellas terras altas craterizadas do sur e as terras xeoloxicamente recentes e de baixa altitude do norte. Tempe Terra contén as terras altas vellas que están máis ó norte no planeta.[3] A rexión está cortada por un gran número de fallas e grabens con idades que comprenden boa parte de historia xeolóxica de Marte. A presenza destes rifts ou grabens na codia suxiren que Tempe Terra, posiblemente, sexa a rexión xeoloxicamente máis tensionada, deformada e estresada de Marte,[4] cun gran número de pequenos volcáns de escudo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Planetary Names: Terra, terrae: Tempe Terra on Mars". http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/5916. Consultado o 03-11-2013.
  2. Neesemann, A.; van Gasselt, S; Hauber, E; Neukum, G. (2010) Insights to the Evolution of the Tempe Terra Region, Mars: Refinements of Geologic and Tectonic Units. 41st Lunar and Planetary Science Conference; LPI:Houston, TX, Abstract #2685. http://www.lpi.usra.edu/meetings/lpsc2010/pdf/2685.pdf.
  3. Frey, H.V.; Grant, T.D. 1990. Resurfacing History of Tempe Terra and Surroundings. J. Geophys. Res., 95(B9), 14,249–14,263.
  4. Golombek, M.P.; Tanaka, K.L., Franklin, B.J. (1996). "Extension across Tempe Terra, Mars, from measurements of fault-scarp widths and deformed craters". JGR-Planets 101 (E11). http://www.agu.org/pubs/crossref/1996/96JE02709.shtml.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]