Chittagong
Chittagong é unha cidade de Bangladesh, a segunda en importancia trala capital Dacca, situada no sueste do país a ourelas do río Karnaphuli, preto da súa desembocadura no Golfo de Bengala fronte ao Delta do Ganxes. Centro comercial e industrial da rexión agrícola circundante, conforma unha metrópole que sobrepasa os catro millóns de habitantes.
Coñecido porto dende a antigüidade, formaba parte do reino birmano de Arakan (na costa occidental de Myanmar) ata a época colonial, na que portugueses primeiro (s.XVI) e a Compañía Británica das Indias Orientais (s.XVII) despois fixeron de Chittagong unha base portuaria de importancia na rexión.
O forte crecemento nas últimas décadas vai asociado a unha zona económica especial na perspectiva de constituires o futuro nodo de transportes das rexións interiores dos países veciños (norleste de India, norte de Myanmar, suroeste de China).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |