Chelus fimbriatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perfil da testa dunha matamata.

A matamata (Chelus fimbriatus) é unha tartaruga da familia Chelidae orixinaria de Suramérica. É a única especie do xénero Chelus. A matamata ten unha cuncha marrón ou moura de 45 cm de longo. O plastrón é estreito, angosto, recortado pola parte de adiante e marcadamente botado cara a atrás; no macho é cóncavo.

Trátase dunha tartaruga carnívora que se alimenta de peixes e pequenos anfibios. Adoita ter o seu hábitat en auga doce, en augas de pouca profundidade.