Cheién (pobo)
| Cheién |
|---|
| Fotos de cheiéns |
| Poboación total |
|
6590 |
| Rexións con poboación significativa |
| Estados Unidos (Oklahoma, Montana) |
| Linguas |
| cheién e inglés |
| Relixións |
| Cristianismo, outras |
Os cheién son unha nación de nativos norteamericanos que habitan as Grandes Chairas dos Estados Unidos. A nación cheién está composta por dúas tribos, os Sotaeo'o (sen unha tradución clara) e os Tsitsistas. O nome Cheién deriva dunha palabra en lingua Sioux que significa 'Pequeno Cree'.
Índice |
Historia [editar]
Antes de seren internados en reservas, os Cheién eran aliados dos Arapahoe e os Lakota (Sioux). A nación cheién comprendía dez bandas que se estendían por tódalas grandes pradeiras, dende o sur de Colorado ás Black Hills en Dakota do Sur. Cara a mediados do século XVIII as bandas comezaron a separarse, algunhas permaneceron preto das Black Hills, mentres que outras permaneceron cerca dos Platte Rivers do centro de Colorado.
Na actualidade, os cheién do norte viven ó sueste de Montana nunha reserva propia. Os cheién do sur, xunto cos Arapahoe do sur, viven no centro de Oklahoma. A súa poboación total combinada é duns 20.000.
Xefes famosos [editar]
Idioma [editar]
Tanto os Cheién de Montana como os de Oklahoma falan o idioma cheién, cunhas poucas diferenzas no vocabulario entre as dúas comunidades. O idioma cheién forma parte da familia de linguas algonquinas, e é un dos poucos idiomas algonquinos das pradeiras que desenvolveu características tonais. Os idiomas mais próximos ó cheién son o arapahoe e o ojibwa (Chippewa).