Castelo do Neiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastelo do Neiva
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°37′28″N 8°47′42″O / 41.6244, -8.795Coordenadas: 41°37′28″N 8°47′42″O / 41.6244, -8.795
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo
ConcelloViana do Castelo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie7,64 km² Editar o valor em Wikidata

Castelo do Neiva é unha freguesía portuguesa do concello de Viana do Castelo, con 7,64 km² de superficie e 2930 habitantes (2011)[1]. A súa densidade de poboación é de 383,5 hab/km². Centro de pesca tradicional, onde aínda se practica a recollida do sargazo.

Poboación[editar | editar a fonte]

Poboación da freguesía de Castelo do Neiva [2]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
1 455 1 519 1 666 1 702 1 935 2 054 2 054 2 595 3 119 3 443 3 167 3 390 3 244 3 203 2 930

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Nos arredores da praia hai restos arqueolóxicos da Idade do Ferro.

Castro de Moldes[editar | editar a fonte]

Tamén coñecido como "Monte do Castelo de Neiva", atópase na marxe dereita do río que lle deu nome (Neiva).

As escavacións arqueolóxicas realizadas no xacemento durante a primeira metade da década dos 80 (s. XX), puxeron ao descuberto unha vila de considerábeis dimensións, cun sistema defensivo de muralla reforzada por torreóns no lado sur, acompañando a xeografía do terreo.

A zona delimitada polo muro interior alberga unha gran densidade de estruturas de carácter doméstico con predominancia circular (en cuxa construción se empregou o propio afloramento rochoso), algunhas das cales teñen vestíbulo e están separadas por rúas empedradas en granito. Entre estes elementos, destaca unha vivenda polo feito de posuír unha especie de asento corredizo cuberto por placas rectangulares de lousa.

As investigacións tamén mostraron a reutilización do espazo en épocas posteriores, especialmente durante o período de ocupación romana do actual territorio portugués. A este sentido sinalan algúns materiais exhumados durante as diferentes campañas, como artefactos de bronce (entre eles unha fibela), e fragmentos cerámicos comúns e importados que dan fe da inserción da vila nunha rede de relacións comerciais extensa.[3]

Idade Media[editar | editar a fonte]

Antigamente chamábase Neiva ou Castelo. Esta freguesía de Ribeira Neiva formaba, xunto coa de São Romão, a aldea que, en tempos de D. Xoán I, se chamaba Aguiar de Neiva.

Unha das primeiras referencias que hai da parroquia é que Ermenegildo Muniz (irmán de Egas Moniz, o Aio) foi alcalde desta vila e castelo. No século XII o alférez Nuno Soares Velho gobernou o territorio de Neiva, desde 1127; Soares era unha figura influente no Reino de Portugal, na corte de Afonso Henriques e Teresa de León.

Neiva pertenceu ao padroado real, converténdose despois na abadía da presentación dos arcebispos de Braga, por permuta confirmada polo rei D. Dinis, en 1307.

Menciónase nas Indagacións afonsinas de 1220 e 1258, sendo Santiago como patrón. A igrexa de Santiago Maior, porén, é anterior ao a século X.

En 1290, nas primeiras Indagacións de D. Dinis, aparece coa categoría de "freguesia", no xulgado de Neiva.

Na tributación das igrexas realizada en 1320, Santiago de Neiva fixouse en 120 libras.

Após a aclamación de Xoán I polas cortes de Coímbra, Nuno Álvares Pereira fixo unha viaxe diplomática, militar e de peregrinación a Santiago de Compostela, durante a que tomou o castelo, hoxe desaparecido e reaproveitadas as súas pedras. Segundo a lenda, o castelo de Neiva era duro e ben defendido pero unha frecha alcanzou certeira e case milagreiramente ao alcaide, o que provocou a rendición do sitio; o episodio é conmemorado na actualidade na feira medieval de Viana do Castelo.[4]

No rexistro do cobro das "colleitas" dos beneficios eclesiásticos do Arcebispado de Braga, realizado por D. Jorge da Costa, entre 1489 e 1493, Neiva tiña unha renda de 20 libras, correspondentes a 520 réis, en diñeiro con "morturas" e 26 réis de décimos da colleita.

Américo Costa califica esta parroquia, que segundo di se chamaba, primeiro, Santiago de Neiva e, só despois, Castelo do Neiva, como abadía da presentación do Ordinario.

Idade moderna[editar | editar a fonte]

Administrativamente, e por ser sempre da Terra de Neiva, pasou a formar parte do termo e concello de Barcelos, até comezos do século XIX, cando pasou a ser parte do concello de Viana do Castelo.

Praia[editar | editar a fonte]

Situada nun medio rural e bordeada por campos de cultivo. Rexistra unha grande afluencia de turistas no verán. Nos arredores hai restos da Idade do Ferro.[5]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Monte do Castelo ou Castro de Moldes
  • Casa e Quinta de Monteverde
  • Castelo de Neiva
  • Igrexa de Santiago o Maior (séc. IX)
  • Marcos da Casa de Bragança
  • Capela de São Roque
  • Capela de Nossa Senhora das Neves
  • Capela de Nossa Senhora dos Emigrantes
  • Capela de Nossa Senhora de Guadalupe (séc. XVII)
  • Capela de Nossa Senhora das Mercês
  • Menhir do Castelo
  • Salinas Medievais
  • Ponte do Sebastião
  • Ponte da Carvalha
  • Monumento a Nuno Álvares Pereira

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "População residente, segundo a dimensão dos lugares, população isolada, embarcada, corpo diplomático e sexo, por idade (ano a ano)" (en portugués). Información no separador "Q601_Norte". Consultado o 5 de marzo de 2014. 
  2. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes
  3. "DGPC ; Pesquisa Geral". www.patrimoniocultural.gov.pt. Consultado o 2022-04-23. 
  4. Andreia Ferreira (2018-08-08). "Passagem de D. Nuno Álvares Pereira por Castelo do Neiva retratada em Feira Medieval". Altominho.tv (en portugués). Consultado o 2022-04-23. 
  5. Guia Visão das Praias (2004), páx. 18

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]