Carrie Underwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carrie Underwood
Carrie Underwood 2, 2012.jpg
Naceu 10 de marzo de 1983 (31 anos)
Orixe Muskogee, Oklahoma Flag of the United States.svg
Xénero country
Instrumento(s) voz

Carrie Underwood nada en Muskogee (Oklahoma) o 10 de marzo de 1983 é unha cantante country.[Cómpre referencia]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer en 2004 no programa estadounidense de novos talentos American Idol. Obtivo cinco Premios Grammy e foi nomeada en dúas ocasións pola ACM (Academy Country Music Awards) artista do ano. Os seus álbums Some Hearts (2005), Carnival Ride (2007) e Play On (2009) foron grandes éxitos de vendas. Leva vendidos máis de 15 millóns de albumes e máis de 20 millóns de singles.

Colocou 9 cancións no número un das listas country. Ten dez discos de platino (dous LPs e oito sinxelos). O LP Some Hearts foi certificado sétimo platino. Obtivo un número un para un sinxelo(Inside your Heaven) na POP 100 e outro número un para un LP (Carnival Ride) na Billboard 200.

En maio de 2012, lanzou o álbum Blown Away que acadou na primeira semana o número un da Billboard 200, e o número un tamén nas listas country.