Francisco Bustelo Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Bustelo Vázquez
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 1987 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarlota García del Real
FillosFrancisco Bustelo García del Real, Carlos Bustelo García del Real, Carlota Bustelo García del Real Editar o valor em Wikidata
PaiRamón Bustelo González Editar o valor em Wikidata

Francisco Bustelo Vázquez, nado en Ribadeo en 1901 e finado en Madrid o 8 de marzo de 1987,[1] foi un enxeñeiro de camiños galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramón Bustelo González. Enxeñeiro de Camiños, foi director de Energía e Industrias Aragonesas, que se encargaba da construción da planta petroquímica de Sabiñánigo no Pireneo oscense en 1936. No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid para axudar á súa irmá Mercedes. Foi denunciado polos falanxistas. A empresa axudou a Francisco e buscoulle refuxio na embaixada de Francia en Madrid e despois en Francia, desde onde pasou a Donostia cando xa remataba a guerra.[2] Logo do seu matrimonio con Carlota García del Real foi copropietario da Banca Bengoechea, que despois se denominou Banca Bustelo. En 1955 concedéronlle a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Madrid con Carlota García del Real González en 1930,[4] e foi pai de José Ramón, Francisco, Carlos e Carlota Bustelo García del Real.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en ABC, 9-3-1987, p. 83.
  2. Fuimos nosotras: Las primeras parlamentarias de la democracia
  3. El Correo Gallego, 21-7-1955, p. 1.
  4. El Regional, 13-10-1930, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]