Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha
A Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha, ou simplemente Junta de Comunidades, é a institución en que se organiza o autogoberno da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, España.
A Junta de Comunidades está integrada polas Cortes de Castela-A Mancha, polo presidente da Junta de Comunidades e polo Consello de Goberno.
Índice |
Cortes de Castela-A Mancha [editar]
- Artigo principal: Cortes de Castela-A Mancha.
As Cortes de Castela-A Mancha son a Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma, á que corresponde a elaboración e aprobación das Leis e a elección e cesamento do Presidente da Junta de Comunidades.
Presidente da Junta de Comunidades [editar]
- Artigo principal: Presidente de Castela-A Mancha.
O Presidente da Junta de Comunidades é o supremo representante da Comunidade Autónoma e o representante ordinario do Estado na mesma; a súa elección ten lugar polo voto favorable da maioría absoluta do Pleno das Cortes de Castela-A Mancha e o seu nomeamento corresponde ao Rei.
Consello de Goberno [editar]
O Consello de Goberno é o órgano político e administrativo superior da Comunidade, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desempeño da función executiva; está composto polo Presidente da Xunta de Comunidades, que o preside, e polos Conselleiros nomeados por el para facerse cargo das distintas Consellerías. Tras a última remodelación do Goberno de Castela-A Mancha producida o 25 de maio de 2011,[1] o Consello de Goberno está formado polos seguintes conselleiros:
| Cargo | Nome |
|---|---|
| Presidencia | María Dolores de Cospedal García |
| Consellería de Presidencia e Administracións Públicas | Jesús Labrador Encinas |
| Consellería de Economía e Facenda | Diego Valle Aguilar |
| Consellería de Sanidade e Asuntos Sociais | José Ignacio Echániz Salgado |
| Consellería de Fomento | Marta García de la Calzada |
| Consellería de Emprego e portavocía do Goberno | Leandro Esteban Villamor |
| Consellería de Educación, Cultura e Deportes | Antonio Marcial Marín Hellín |
| Consellería de Agricultura | María Luisa Soriano Martín |