Carambola
A carambola, (Averrhoa carambola ; Oxalidaceae) é o froito da caramboleira, unha árbore ornamental de pequeno porte, de flores brancas e purpúreas, largamente usada como planta de arborización de xardíns e fincas. Orixinaria da India, e moi coñecida na China, foi introducida no Brasil en 1817. Plantada en case todo o territorio nacional do Brasil, comeza a producir froitos en torno de catro anos de existencia, dando unha media de douscentos froitos, podendo durar de cincuenta a setenta anos. A froita parece unha estrela cando é cortada e ten cinco gomos.
Índice |
Características [editar]
De sabor agridoce, cor variando do verde ao amarelo, dependendo do grao de maduración, rica en sales minerais (calcio, fósforo e ferro) e contendo vitaminas A, C e do complexo B, a carambola é considerada unha froita febrífuga (que serve para combater a febre), antiescorbútica (que serve para curar a doenza escorbuto - carencia de vitamina C, e que se caracteriza pela tendencia a hemorraxias) e, debido a grande cantidade de ácido oxálico, estimulador do apetito. O seu zume pode ser usado para limpar manchas de ferro, de tintas e aínda limpar metais. A súa casca é utilizada como antidesintérico, por posuír alto contido de tanino - que ten un poder adstrinxente que pode prender o intestino.
É considerada unha froita de horta, pois o seu cultivo non é feito en escala, sendo producida só en leiras, granxas e pomares de facendas. É moi popular no nordés brasileiro.[1]
Pode ser consumida ao natural ou nos preparados de xeleas, caldas, zumes e compotas. Cortada en faixas e deixada no lume baixo con azucre, fica case da mesma consistencia e sabor do doce de ameixa negra. Na India e na China son moi consumidas como sobremesa, así como as flores e os froitos verdes, que son utilizados nas ensaladas.
As persoas portadoras de insuficiencia renal non poden comer carambola, pois esta froita posúe unha toxina natural que non é filtrada polo ril destas persoas, ficando retida no organismo e atinxindo o cerebro, podendo levar inclusive á morte. Os síntomas de intoxicación son depresión, confusión mental, convulsións e coma. Os portadores de diabetes deben consultar co médico antes de a comer, pois poden sufrir de insuficiencia renal e non o saberen.[2]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Amazon Carambola (en portugués).