Cannibal Corpse
| Cannibal Corpse | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Buffalo, New York, |
| Período | 1988 - actualidade |
| Xénero(s) | death metal |
| Selo(s) discográfico(s) | Metal Blade Records |
| Membros | Alex Webster Paul Mazurkiewicz Rob Barrett George Fisher Pat O'Brien |
| Antigos membros | Jeremy Turner Jack Owen Chris Barnes Bob Rusay |
| Web oficial | |
Cannibal Corpse é unha banda estadounidense de death metal procedente de Buffalo, New York. Formada en 1988, o grupo leva editados once álbums de estudio, un box set e un álbum ao vivo. Ao longo dos anos a banda foi asentándose, a pesar de sair pouco na radio e na telévisión, e conseguiu a súa base de seareiros sobre todo co lanzamentos dos álbums Butchered at Birth (1991) e Tomb of the Mutilated (1992), que chegaron a vender un millón de copias en todo o mundo, a metade delas nos Estados Unidos, facendo deles os discos de death metal máis vendidos nese país.
Os membros de Cannibal Corpse inspiráronse orixinalmente en bandas de thrash metal como Kreator e Slayer, así como noutros conxuntos de death metal como Morbid Angel, Autopsy e Death. As imaxes dos seus álbums (feitas case todas por Vincent Locke) e as súas letras, fprtemente inspiradas en peliculas e historias de terror, son moi controvertidas. En varias ocasións algúns países prohibiron a actuación da banda, ou a venda dos seus álbums coa portada orixinal.
[editar] Discografía
- Eaten Back to Life - 1990
- Butchered at Birth - 1991
- Tomb of the Mutilated - 1992
- The Bleeding - 1994
- Vile - 1996
- Gallery of Suicide - 1998
- Bloodthirst - 1999
- Gore Obsessed - 2002
- The Wretched Spawn - 2004
- Kill - 2006
- Evisceration Plague - 2009