Slayer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slayer wordmark.svg
Slayer, The Fields of Rock, 2007.jpg
Slayer no festival Fields of Rock do 2007
Orixe Huntington Park, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período 1981 - actualidade
Xénero(s) thrash metal, speed metal
Selo(s) discográfico(s) Metal Blade, Def Jam, American, Columbia, Sony Music
Membros Tom Araya
Jeff Hanneman
Kerry King
Dave Lombardo
Antigos membros Tony Scaglione
Paul Bostaph
Jon Dette
Web oficial http://www.slayer.net/


Slayer é unha banda americana de Thrash metal, formada na cidade de Huntington, California, no ano 1982, polos guitarristas Kerry King e Jeff Hannemann. Posteriormente, xuntaríase o vocalista e baixista de orixe chilena Tom Araya e o batería de orixe cubana Dave Lombardo. Dende a súa formación ata a actualidade, o grupo publicou dez álbums de estudio e máis dous álbums en vivo, vendendo máis de catro millóns de copias nos Estados Unidos, gañándose así o recoñecemento de ser un dos denominados catro grandes grupos de Thrash metal xunto con Metallica, Megadeth e Anthrax

Letras e contido destas[editar | editar a fonte]

Slayer foi sempre acusado de fomenta-lo satanismo e o nazismo por mor do contido das súas letras, que falan de destrución, guerra, etc., aínda que este é un punto desmentido en reiteradas ocasións pola banda, alegando na súa defensa que era "divertido" cantar sobre esa clase de temas.

Historia[editar | editar a fonte]

Slayer debuta no panorama musical co disco Show No Mercy, publicado en 1983, con clara influencia dos grupos da nova onda do heavy metal británico (en inglés, New Wave Of British Heavy Metal ou NWOBHM), con grupos como Iron Maiden ou Judas Priest.

A continuación lanzan o seu primeiro EP, titulado Haunting The Chapel, este xa con importantes trazas do Thrash metal.

O seu seguinte álbum foi chamado Hell Awaits, disco máis progresivo no que as cancións superan a duración media do resto de temas da banda no resto dos discos. Este disco foi acusado de transmitir mensaxes satánicas nas súas cancións.

Na súa seguinte obra contratarían o afamado produtor Rick Rubin, dando como resultado o seu máis importante álbum na súa carreira musical, Reign In Blood, marcado por cancións rápidas con son típico thrashmetaleiro. As cancións máis importantes deste LP son Angel Of Death, dedicada o doutor nazi Joseph Mengele, e Raining Blood, que rematou nun dos seus concertos cunha chuvia de sangue (falsa, por suposto).

Posteriormente, publican South Of Heaven, disco con cancións polo xeral con tempo máis pausado ca o seu disco predecesor.

Para o seu seguinte disco retoman o estilo predominante no Reign In Blood para lanzar Seasons In The Abyss en 1990. Despois da publicación deste LP prodúcese a saída do batería Lombardo, sendo substituído por Paul Bostaph.

O seu seguinte disco de estudio non saíu ata catro anos despois, intercalando entre medias un dobre álbum en vivo chamado Decade of Aggression, o cal nomearían coma Divine Intervention, para despois doutros dous anos lanzar un álbum de covers de estilo hardcore e punk chamado Undisputed Attitude.

Posteriormente, as publicacións de Diabulous In Musica, con lixeiro cambio de estilo incluído provocando as diversas reaccións por parte dos fans, e God Hates Us All, publicado casualmente o 11 de setembro de 2001, foron as últimas antes do esperado novo CD chamado Christ Illusion despois de seis anos de silencio musical, o cal significou a volta á batería de Dave Lombardo dende a súa saída despois de Seasons In The Abyss

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]