Cancioneiro galego-castelán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Cancioneiro Galego-Castelán[1] é a recompilación de 53 poemas escritos por Pero Gonçalez de Mendoza feita no ano 1902 polo estadounidense Henry Lang, autor pioneiro en apuntar a existencia dun cancioneiro galego-castelán, constituído por todas aquelas composicións creadas entre 1350 e 1450 nunha lingua mesturada sen correspondencia plena con ningunha das que caracteriza cada unha das dúas escolas peninsulares.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Lang fixo un estudo do período de transición da lírica peninsular que se estende entre a escola galego-portuguesa (1200-1350) e a castelá-portuguesa (1449-1521). No prefacio da obra publicada en 1906, explícase como se foi esvaecendo a lírica cortesá galego-portuguesa, cuxos caracteres poéticos e idiomáticos serviron como primeiras ferramentas de expresión lírica no occidente peninsular tras a morte do rei poeta Dinís de Portugal (1279-1325). Os fillos deste continuaron coa arte de trobar na Corte de Castela de Afonso XI (1312-1350), polo que a actividade non cesou por completo.

Lang sostivo que os compiladores e copistas do cancioneiros, non familiarizados co galego, introduciron palabras castelás nas copias; en consecuencia, o estudoso procurou devolver os escritos á súa lingua orixinal, de xeito que demostren a continuidade da tradición literaria en Portugal entre o primeiro e o segundo períodos de lírica cortesá.

En 1893, Carolina Michaëlis de Vasconcelos publicou unha lista crítica dos textos galegos dos que o autor se axuda para crear o volume do Cancioneiro Galego-Castelán. Ademais, agradece a Ramón Menéndez Pidal as copias dos manuscritos que realizou.

No exemplar, dispóñense os autores das cantigas en orde cronolóxica; aqueles dos que se dubida da época van ao final do tomo. Para decidir se unha composición era galega, Henry Lang fixábase na rima como elemento principal. Aqueles con formas galegas soamente foron considerados como tales cando a rima concordaba coa súa tradución.

No libro preséntase un apartado para as "Notas" e outro para o "Glosario", coa finalidade de facilitar na maior medida que os documentos menos traballados, así como algún que outro dato biográfico dos autores das cantigas.

Contidos e autores[editar | editar a fonte]

O cancioneiro está composto por 73 cantigas da escola galego-castelá de 16 autores diferentes. Entre eles destaca Alfonso Álvarez de Villasandino, coas súas 21 cantigas de temática amorosa, 4 satírica, 3 circunstanciais e 1 relixiosa. Aínda que o traballo de Villasandino foi fundamental, tamén é importante a achega doutros como Garçi Ferrandes de Gerena, con 5 poemas de temática amorosa e 3 de temática relixiosa; Macías o namorado, con 4 cantigas amorosas e 2 satíricas; Arcediano de Toro, con 3 de temática amorosa, 2 relixiosas e 1 circunstancial; e Don Pedro, Infante de Portugal, con 5 poemas de amor. Cómpre mencionar outros poetas, que aínda que só teñen unha ou dúas cantigas neste cancioneiro, foron incluídos por Henry Lang. Estamos a falar de autores: como: Pero Gonçalez de Mendoza, Un Bachiller e Maestro en Artes de Salamanca, Pero Vélez de Guevara, Íñigo López de Mendoza, Marqués de Santillana, Montoro, Pedro de Quiñones, Pedro de Santa Fe, Álvaro González de Alcántara, Gómez Manrique, Gonçalvo de Torquemada e Estamariu.

Número Autor Primeiro verso Temática
001 Pero Gonçalez de Mendoza Ai sennora, mui comprida Amorosa
002 Pero Gonçalez de Mendoza Por Deus, sennora, [e] non me matedes! Amorosa
003 Macías o namorado Cativo! de mia tristura Amorosa
004 Macías o namorado Ai sennora, en quen fiança Amorosa
005 Macías o namorado Amor cruel e brioso Amorosa
006 Macías o namorado Provei de buscar mesura Satírica
007 Macías o namorado Provei de buscar mesura Satírica
008 Macías o namorado Pois me faleceu ventura Satírica
009 Arcediano de Toro Por Deus! mesura, Amorosa
010 Arcediano de Toro O mui forte pensamento Circunstancial (petición)
011 Arcediano de Toro De quen cuido e cuidei Amorosa
012 Arcediano de Toro A Deus, Amor, a Deus, el Rei, Relixiosa
013 Arcediano de Toro Ora me conven este mundo leixar Amorosa
014 Arcediano de Toro Pois que me vejo a morte chegado, Relixiosa
015 Pedro de Valcarcel Se dos ojos vejo Amorosa
016 Garçi Ferrandes de Gerena Por leal servir, cuitado! Amorosa
017 Garçi Ferrandes de Gerena Por ûa floresta estranna Amorosa
018 Garçi Ferrandes de Gerena De la montanna, montanna, Amorosa
019 Garçi Ferrandes de Gerena "Rousinoi, vejo-t queixoso; Amorosa
020 Garçi Ferrandes de Gerena A vos, gran perdoador, Relixiosa
021 Garçi Ferrandes de Gerena Quen por Deus se empobrece Relixiosa
022 Garçi Ferrandes de Gerena Conven-me viver Amorosa
023 Garçi Ferrandes de Gerena Muito tenno que gradecer Relixiosa
024 Alfonso Álvarez de Villasandino A novela esperaça Circunstancial (laudatorio)
025 Alfonso Álvarez de Villasandino A que sempre obedecí Amorosa
026 Alfonso Álvarez de Villasandino Entre Doiro e Minno estando Amorosa
027 Alfonso Álvarez de Villasandino Pois me non val Amorosa
028 Alfonso Álvarez de Villasandino Des que de vos me partí, Amorosa
029 Alfonso Álvarez de Villasandino Ben aja minna ventura Amorosa
030 Alfonso Álvarez de Villasandino Ai meus ollos, que quisistes Amorosa
031 Alfonso Álvarez de Villasandino Acabada fermosura, Amorosa
032 Alfonso Álvarez de Villasandino As dancelas den-lle onor Amorosa
033 Alfonso Álvarez de Villasandino Crueldad' e trocamento Amorosa
034 Alfonso Álvarez de Villasandino Tempo á que moito afanei, Amorosa
035 Alfonso Álvarez de Villasandino Triste ando de convento Circunstancial (laudatorio)
036 Alfonso Álvarez de Villasandino Sen falia Amorosa
037 Alfonso Álvarez de Villasandino Viva sempre enxalçado Amorosa
038 Alfonso Álvarez de Villasandino Ai, que mal aconsellada Amorosa
039 Alfonso Álvarez de Villasandino Triste soo por la partida Amorosa
040 Alfonso Álvarez de Villasandino Pois me non vai, Amorosa
041 Alfonso Álvarez de Villasandino Loado sejas, Amor Amorosa
042 Alfonso Álvarez de Villasandino Amoroso riso angelical, Amorosa
043 Alfonso Álvarez de Villasandino De gran cuita sofredor Amorosa
044 Alfonso Álvarez de Villasandino Por amores de ûa estrela Amorosa
045 Alfonso Álvarez de Villasandino Desejoso con desejo, Amorosa
046 Un Bachiller e Maestro en Artes de Salamanca Sennor Alfonso Alvares, que Deus vos mantenna] Satírica
047 Alfonso Álvarez de Villasandino Amigo sennor, franqueza desdenna Satírica
048 Alfonso Álvarez de Villasandino Garcia amigo, ninguen te espante Satírica
049 Alfonso Álvarez de Villasandino Andando cuidando en meu ben cuidei Circunstancial (laudatorio)
050 Alfonso Álvarez de Villasandino Consellade-me ora, amigo, Satírica
051 Alfonso Álvarez de Villasandino Amor, pois que vejo as boos fugir Amorosa
052 Alfonso Álvarez de Villasandino A quen ajuda o Rei exalçado, Satírica
053 Pero Vélez de Guevara Sancha Carrillo, se vasso talante Satírica
054 Don Pedro, Infante de Portugal Ben direi d'Amor, Amorosa
055 Don Pedro, Infante de Portugal Eu tenno vountade Amorosa
056 Don Pedro, Infante de Portugal O Amor me disso Amorosa
057 Don Pedro, Infante de Portugal De mi sen prez que perdí Amorosa
058 Don Pedro, Infante de Portugal Pois que ben serviste Amorosa
059 Don Íñigo López de Mendoza, Marqués de Santillana Por amar non saibamente, Amorosa
060 Montoro Ay cuitado, agora sento Amorosa
061 Pedro de Quiñones Pensando en vossa figura Amorosa
062 Pedro de Santa Fé Adeus, mia boa sennor Amorosa
063 Pedro de Santa Fé Pois por favor, certo sei Satírica
064 Don Álvaro González de Alcántara Muito prudente sennor, Circunstancial (laudatorio)
065 Gómez Manrique Traballos con desfavor Circunstancial (laudatorio)
066 Gonçalvo de Torquemada Un día por mia ventura Amorosa
067 Gonçalvo de Torquemada Pois me vou onde cuidoso Amorosa
068 Estamariu A Deus quedeis, linda corte, Circunstancial (laudatorio)
069 Anónimo. Un portugués [O] demo, dou-che por teus Circunstancial (laudatorio)
070 Outro portugués Mai segre aja quen vos ensenou Amorosa
071 Cancións paralelísticas Ai alba viide, [meu] bon amigo Amorosa
072 Cancións paralelísticas Minno amor, dixestes: ai! Amorosa
073 Cancións paralelísticas Meu laranjedo nun ten fruto, Amorosa

Recepción[editar | editar a fonte]

Canto á repercusión deste cancioneiro houbo varios académicos que afondaron no seu estudo, xunto con outros cancioneiros da mesma escola. Foi o caso de Ricardo Polín, que publicou da man da Universidade de Santiago de Compostela no ano 1924 un libro que titulou A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Nesta obra reflexiona sobre o nacemento da escola galego-castelá tras a decadencia do lirismo galego-portugués, analiza a repercusión do cancioneiro de Lang e introduce os autores e as temáticas tratadas no mesmo.

Por outro lado, tense unha publicación da Universidade de Salamanca e A Coruña feita por María Isabel Toro e Gema Vallín. Seguen a liña de Polín ao explicar como se produce esa decadencia. Ademais, profundan na evolución da poesía "trovadoresca" na Península, así como na lingua que utilizaban para trobar (galego ou castelán?) e destacan outros cancioneiros como o Cancioneiro de Baena.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lang, H.R. (1906). "Cancioneiro gallego-castellano. The extant galician poems of the gallego-castilian lyric school: 1350-1450". Boletín da Real Academia Galega (en inglés) (5): 102–107. ISSN 1576-8767. 
  • Polín, Ricardo (1994). A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela: Servicio de publicacións de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-171-0. 
  • Polín, Ricardo, ed. (1997). Cancioneiro galego-castelán (1350-1450) : corpus lirico da decadencia. Col. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 8474928567. 
  • Toro Pascua, María Isabel; Vallín, Gema (2005). "Hibridación y creación de una lengua poética: el corpus gallego-castellano". Revista de poética medieval (15): 93–106. ISSN 1137-8905. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]