Cancioneiro de Baena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cancioneiro de Baena.
Folio 1.

O Cancioneiro de Baena é o primeiro cancioneiro coñecido en lingua castelá. O seu título completo é Cancionero de poetas antiguos que fizo é ordenó e compuso é acopiló el judino Johan Alfon de Baena[1]. Foi recompilado por Juan Alfonso de Baena cara a 1445 (outras fontes sinalan entre 1426 e 1430) para ofrecerllo como regalo a Xoán II de Castela, amante deste tipo de literatura e autor de lírica el mesmo, así como o seu valido, o condestable Álvaro de Luna.

O manuscrito orixinal estivo na biblioteca de Isabel a Católica, e despois pasou á biblioteca de El Escorial. Posteriormente foi levado para facer estudos sobre el, e os herdeiros do estudoso José Antonio Conde o venderon, sendo adquirido pola Biblioteca Nacional de Francia.

Cada poeta ten unha pequena presentación, e conta cun prólogo onde se loa o valor da palabra e da arte da poesía. A obra foi publicada por vez primeira en Madrid en 1851 por Pedro José Pidal, e existe unha edición moderna de Joaquín González Cuenca e Brian Dutton.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son 576 composicións de 56 autores coñecidos de finais do século XIV e comezos do XV e de 10 autores descoñecidos. As obras pertencen a dúas escolas:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]