Campo de concentración de Sachsenhausen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada principal ao campo de Sachsenhausen
Porta de entrada ao campo coa lenda "O traballo faravos ceibes"

Sachsenhausen ou Sachsenhausen-Oranienburg foi un campo de concentración nazi localizado na localidade de Oranienburg, en Brandeburgo, Alemaña, usado principalmente para presos políticos desde 1936 até o fin do Terceiro Reich en maio de 1945. Despois da Segunda Guerra Mundial, cando Oranienburg estaba dentro da zona de ocupación soviética, a estrutura usouse como un campo especial NKVD até 1950 (véxase campo especial NKVD Nr. 7). Os restos dos edificios e os terreos están agora abertos ao público como museo.

Historia[editar | editar a fonte]

O campo de concentración de Sachsenhausen comezou a funcionar o 12 de xullo de 1936, cuando as SS transferiron 50 prisioneiros desde o campo de Esterwegen. Nunha primeira fase, o campo destinouse principalmente a prisioneiros políticos, pero xa desde 1938 foron levados alí milleiros de xudeus, desde 1940 milleiros de polacos e desde 1941 milleiros de militares soviéticos, 18.000 dos cales foron fusilados. Os primeiros anos de Sachsenhausen foron de concentración, non de exterminio.

Durante a guerra Sachsenhausen expandiuse nun sistema de traballo forzado en 60 subcampos, concentrados ao redor das industrias de armamento, que utilizaba a man de obra gratuíta dos prisioneiros, na rexión de Berlín. Os presos tamén foron sometidos a experimentos médicos.

Monumento en memoria do prisioneiro

En xaneiro de 1945 había máis de 65.000 prisioneiros en Sachsenhausen, incluíndo a máis de 13.000 mulleres. Os arquivos rexistraron a entrada 140.000 prisioneiros durante o tempo que funcionou o campo e recolleron a execución ou morte de 30.000 deles, pero nesta cifra non se incluían a milleiros de prisioneiros de guerra fusilados apenas chegaban. Neste campo de concentración foron detidos tamén varios centos de exiliados republicanos españois, entre os que destaca Francisco Largo Caballero.

Obelisco erixido en 1961 en memoria da liberación do campo

Antes da súa inminente derrota, os nazis ordenaron trasladar aos prisioneiros, dispirando as SS contra todos aqueles incapaces de camiñar. As tropas soviéticas liberaron aos supervivintes o 2 de maio de 1945, preto da cidade de Schwerin.

Desde que as forzas soviéticas ocuparon Berlín e até 1950, Sachsenhausen pasou a ser un campo de concentración soviético usado para represaliar tanto a supostos colaboradores dos nazis dentro da poboación civil, como aos funcionarios do Goberno nazi e antigos militares alemáns, incluídos prisioneiros dos Aliados occidentais. Posteriormente o campo foi adecuado para que visitantes puideran coñecer o ocorrido ás vítimas do nazismo.

En 1961 erixiuse un monumento en memoria ao prisioneiro, que mostra 18 triángulos en significado das diferentes nacionalidades que foron vítimas e dos prisioneiros que morreron alí. Baixo o obelisco atópase unha estatua que representa a un soldado soviético liberando dous prisioneiros. Tamén hai un museo que expón a realidade que se viviu neste campo. Así mesmo ofrécense tours en varios idiomas e a súa entrada é gratuíta.

Comandantes do campo[editar | editar a fonte]

Falsificación de diñeiro[editar | editar a fonte]

Neste campo de concentración levouse a cabo con mano de obra xudea unha das falsificacións monetarias máis complicadas da historia, sorprendentemente fructuosa. Os alemáns realizaron unha serie de seleccións en Auschwitz e noutros campos de concentración (Mauthausen, entre outros) buscando prisioneiros que coñeceran oficios como fotografía, debuxo e outros relacionados coa arte da imaxe. De alí partiu, sen coñecer o seu destino, un grupo de 140 prisioneiros xudeus que foran seleccionados para levar a cabo estas operacións.

Cos medios tecnolóxicos da época era difícil crear réplicas idénticas dun billete. Sen embargo, os coñecementos destes prisioneiros conseguiron desafiar até o máis mínimo detalle dos billetes de libras esterlinas, como minúsculas zonas en branco na tinta dunha letra que só se pode apreciar mediante un microscopio; que son mostra da veracidade do billete en cuestión. Todo o mundo consideraba auténticos estes billetes, e polo tanto circularon como se foran diñeiro real. Esta operación chamouse "Operación Krüger" (véxase Reinhard Heydrich).

Unha vez concluída a operación os prisioneiros debían ser enviados a Auschwitz para o seu exterminio. Posto que todo xudeu estaba condenado a morrer, e para evitar isto, pediron permiso para continuar a operación de falsificación diferenciándose da anterior en que agora íanse copiar dólares estadounidenses. O permiso para efectuar esta operación foilles, polo que puideron prolongar a súa vida. Nesta ocasión non se chegaron a poñer en circulación estes billetes a causa do evidente afundimento da Alemaña nazi. Para que non quedasen testemuñas das falsificacións, os prisioneiros fueron enviados a Ebensee para ser gaseados. Foron detectados polos soldados estadounidenses e a intervención destes librounos dunha morte segura. Unha serie de camións alemáns bañeiraron o seu contido de billetes nos lagos Taupitzsee, Ebensee e no río Enns.

Neste campo falsificáronse nove millóns de billetes, valorados en 650 millóns de dólares. Os billetes atopáronse dous anos máis tarde por estes lagos e, debido a que os poboadores das aldeas os atopaban e consideraban auténticos, puxéronse a circular por toda Europa, co que se fixo necesario un cambio de formato nos billetes de libras esterlinas. A pericia deste colectivo de prisioneiros no campo da imaxe e a fotografía redundou na maior falsificación xamáis levada a cabo na historia da humanidade e na salvación das súas propias vidas.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]