Caleta de Sebo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caleta de Sebo (tamén chamada Caleta del Sebo) é unha localidade dentro do municipio de Teguise, situada na parte suroriental da illa de La Graciosa (da que é capital), na provincia das Palmas, no suroeste de España. A 1,2 quilómetros da illa de Lanzarote, Caleta de Sebo é o principal núcleo poboacional de La Graciosa, a maior das illas menores do Arquipélago Canario. Contaba con 657 habitantes no ano 2010.
As súas principais actividades económicas son a pesca e o turismo. Posúe un porto que comunica La Graciosa coa localidade lanzaroteña de Órzola. En arquitectura destaca a igrexa parroquial da localidade, a Igrexa da nosa Señora do Carme tamén chamada Virxe do Mar, patroa da illa de La Graciosa.
Demografía [editar]
| 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 626 | 615 | 624 | 617 | 628 | 635 | 656 | 638 | 646 | 642 | 657 | 653 |