Pedro Barba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Barba

Pedro Barba (tamén chamada Casas de Pedro Barba) é unha localidade dentro do municipio de Teguise, situada na parte oriental da illa de La Graciosa, na provincia das Palmas, no suroeste de España. Trátase do núcleo de poboación máis setentrional de toda Canarias, e o máis próximo á península Ibérica, da que dista a 1.034 km en liña recta (ata o cabo de Trafalgar).

Segundo o Instituto Nacional de Estatística de España, no ano 2010 este núcleo contaba con 2 habitantes censados.

Demografía[editar | editar a fonte]

Variación demográfica[1] de Pedro Barba
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011
0 0 2 4 2 2 2 2 2 2 2 2

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Está comunicada por unha estrada sen asfaltar co porto da outra localidade habitada da illa, Caleta de Sebo, enlace marítimo coa veciña illa de Lanzarote. A súa praia é duns 110 metros, e ten zona de fondeo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]