Célula vexetal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama coa estrutura dunha célula vexetal

A célula eucariótica vexetal é unha un célula eucariótica complexa pola razón de ter un núcleo celular non primitivo senón con membranas.

Características[editar | editar a fonte]

Este tipo de célula diferénciase das células eucarióticas animais por varias razóns:

  1. As células eucarióticas animais teñen un orgánulo chamado centríolo que pola súa contra non teñen as células eucarióticas vexetais.
  2. As células eucarióticas vexetais teñen tamén un orgánulo exclusivo chamado cloroplasto.
  3. As células eucarióticas vexetais teñen vacúolos moito máis grandes que as células eucarióticas animais.
  4. As células eucarióticas vexetais teñen unha capa exterior protectora chamada parede celular que as células eucarióticas animais non teñen.
  5. As células eucarióticas animais acostuman a ter un órganulo chamado lisosoma que non é moi habitual ver nas células eucarióticas vexetais.
  6. As células eucarióticas animais só fan a respiración celular, en troques as células eucarióticas vexetais fan a respiración celular e máis a fotosíntese.