Bronquiectasia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bronquiectasia
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Unha bronquiectasia é unha dilatación anormal e irreversíbel da árbore bronquial, encargada de conducir o ar dende a traquea até a unidade funcional respiratoria, o alvéolo pulmonar. Iso adoita producirse pola rotura dos compoñentes elástico e muscular da parede bronquial. Foi descrita por vez primeira en 1819 polo médico francés René Laënnec. Non hai na actualidade datos fiábeis sobra a incidencia ou a prevalencia desta doenza, aínda que si que é un feito que é máis frecuente nos países subdesenvolvidos ca nos desenvolvidos. A inflamación dos bronquios pode dar lugar a unha colonización bacteriana, que á súa vez pode provocar unha infección. Esta inflamación pode ocasionar repetidas inflamacións, dando lugar a un círculo vicioso quen de provocar máis bronquiectasias.

Causas[editar | editar a fonte]

A etioloxía das bronquiectasias é moi variada, e até nun 50% dos casos non é posíbel coñecer a causa. Unha das causas identificadas son as infeccións, sobre todo a tuberculose, as infeccións por fungos e os virus. Obstrucións da vía aérea por mor de corpos estraños ou tumores pode ser tamén causa de bronquiectasia. En menor medida, tamén poden ser a causa o secuestro pulmonar ou atelectasias postoperatorias. As bronquiectasias xeneralizadas, é dicir, ás que afectan a todos ou a maioría dos bronquios de ambos pulmóns, adoitan estar causadas, ou ben por inhalación de gases tóxicos, heroína ou asma; ou ben por doenzas de orixe sistémico como poden ser a asperxilose broncopulmonar alérxica, alteracións inmunolóxicas, fibrose quística, síndrome de Young ou déficit de alfa-1 antitripsina.

Síntomas[editar | editar a fonte]

Os síntomas principais que presenta un paciente con bronquiectasia son a tose produtiva crónica, que ás veces pode conter sangue, e as pneumonías de repetición. Estas pneumonías prodúcense xusto no mesmo sitio do pulmón onde os bronquios se atopan anormalmente dilatados por mor da bronquiectasia.

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento está encamiñado a tratar a causa da bronquiectasia, e a mellorar a obstrución das vías respiratorias.