Brigitte Bierlein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrigitte Bierlein

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
15ª Chanceler de Austria
3 de xuño de 2019 – 7 de xaneiro de 2020
← Hartwig LögerSebastian Kurz →
President of the Constitutional Court (Austria) (en) Traducir
23 de febreiro de 2018 – 2 de xuño de 2019
← Gerhart Holzinger (pt) TraducirChristoph Grabenwarter (pt) Traducir →
Vice-president of the Constitutional Court (en) Traducir
1 de xaneiro de 2003 – 23 de febreiro de 2018
← Karl Korinek (pt) TraducirChristoph Grabenwarter (pt) Traducir →
Nomeado por: Thomas Klestil
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica (2019–2020), chief judge (en) Traducir (2018–2019), procuradora do estado (pt) Traducir (1977–2002), xurista , xuíza Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAustrian Federal Government (en) Traducir (2019–2020) Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webbundeskanzleramt.gv.at… Editar o valor em Wikidata

Brigitte Bierlein, nada en Viena o 25 de xuño de 1949,[1] é unha xurista e política austríaca, que foi chanceler de Austria durante algo máis de medio ano a partir do 3 de xuño de 2019.[2]

Foi avogada xeral da Oficina do Procurador, equivalente a fiscal xefe do país, de 1990 a 2002, e membro do taboleiro executivo da Asociación Internacional de Fiscais de 2001 a 2003. En 2003, Bierlein foi elixida membro do Tribunal Constitucional. Entre xaneiro de 2018 e xuño de 2019, exerceu como presidente do tribunal, a primeira muller en ostentar este cargo.

Tras o Caso Ibiza, o presidente de Austria, Alexander Van der Bellen nomeou a Bierlein chanceler interina o 30 de maio de 2019, despois de que unha moción de censura destituíse o goberno de Sebastian Kurz. Era a primeira muller que ocupaba ese cargo en Austria e exerceu até que o seguinte goberno, de novo liderado por Kurz, tomou posesión tralas seguintes eleccións nacionais.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brigitte Bierlein naceu o 25 de xuño de 1949 en Viena durante a ocupación aliada. Seu pai era funcionario e súa nai, adestrada para artista, era ama de casa.[4] Foi educada no Ximnasio Kundmanngasse, no que se graduou en 1967.

Carreira xudicial[editar | editar a fonte]

Bierlein quería estudar ou arte ou arquitectura e estivo cerca de entrar na Universidade de Artes Aplicadas.[5] Con todo, finalmente escolleu estudar dereito, en parte polo consello da súa nai e en parte porque non quería ser unha carga financeira para os seus pais durante máis tempo que o necesario.[4][6][7]

Matriculouse na Universidade de Viena, obtendo o seu doutoramento en dereito en 1971.[1]

Tras catro anos como candidata a xuíz, Bierlein foi oficialmente elevada á maxistratura en 1975. Estivo case dous anos presidindo xuízos, primeiro no Tribunal do Distrito de Innere Stadt (alemán: Bezirksgericht Innere Stadt Wien) e logo no Tribunal do Distrito de Viena (Strafbezirksgericht Wien), un tribunal criminal que logo foi disolto.

En 1977, Bierlein deixou ese tribunal para se unir á oficina do Fiscal de Viena (Staatsanwaltschaft Wien). Era responsábel de casos criminais xerais e políticos así como de casos criminais relacionados cos medios de comunicación, un tipo de procedementos habitualmente levados en Austria por especialistas dedicados. En 1986, Bierlein foi ascendida á oficina do Fiscal en Xefe de Viena (Oberstaatsanwaltschaft Wien). En 1987, pasou uns cantos meses traballando no Departamento de Lei Criminal do Ministerio de Xustiza, e despois regresou ó seu posto na fiscalía.

En 1990, foi nomeada avogada xeral da Oficina do Procurador, a sección da fiscalía ligada directamente ao Tribunal Supremo. Foi a primeira muller que ocupou este cargo.[5] O mesmo ano, Bierlein ingresou na xunta de examinadores para xuíces e fiscais no Tribunal Rexional Supremo de Viena, cargo que mantivo até 2010.

En 1995, Bierlein foi nomeado para a xunta executiva da Asociación de Fiscais austríacos. De 2001 a 2003, foi presidenta da asociación. Tamén de 2001 a 2003, ocupou un asento na xunta executiva da Asociación Internacional de Fiscais.

En 2002, o primeiro goberno de Wolfgang Schüssel recomendou o nomeamento de Bierlein como vicepresidenta do Tribunal Constitucional. O movemento foi polémico pois Bierlein perseguía delitos con gran fervor mais non se distinguía como erudita legal.De feito está considerada indiferente como teórica a día de hoxe.[5][7] Algúns políticos de oposición como Josef Cap acusaron o goberno de ignorar múltiples candidatos máis competentes en prol dunha elección partidista. Os seguidores de Bierlein como Maria Fekter contestaron que o nomeamento de Bierlein sería un paso importante cara a igualdade de xénero en Austria.[8][9]

Segundo o coñecido profesor de Dereito austríaco Werner Doralt, Bierlein debía a súa carreira no Tribunal Constitucional ao político austríaco Jörg Haider e á súa parella, o xuíz austríaco Ernest Maurer[10], amigo próximo de Jörg Haider.[11][12]

Facendo caso á recomendación do goberno, o presidente Thomas Klestil nomeou a Bierlein o 21 de novembro de 2002, nomeamento que se fixo efectivo o 1 de xaneiro de 2003.Unha vez máis, Bierlein foi a primeira muller en exercer o cargo para o que foi nomeada.[8][9] De feito, non houbo ningunha muller no Tribunal Constitucional até 1995.[4][13]

15 anos máis tarde, Bierlein tomou posesión do cargo de presidenta interia do Tribunal Constitucional cando Gerhart Holzinger, deixou o posto o 31 de decembro de 2017. Por iniciativa do Partido de Liberdade, o goberno de coalición de Sebastian Kurz fixo os trámites para converter o seu posto interino en permanente.[14]

Alexander Van der Bellen confirmou a Bierlein como nova presidenta do Tribunal Constitucional o 23 de febreiro de 2018.[15]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Comentaristas de ambos os dous lados do espectro político destacaron os lazos de Bierlein co Partido Popular e o Partido da Liberdade, así como o feito de que a súa carreira debe o seu grande ascenso aos dous gobernos de coalición de centro dereita.[6][7][8][16]

En decembro de 2017 o Tribunal Constitucional austríaco con Bierlein como presidenta fallou a prol de introducir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo o 1 de xaneiro de 2019.

Despois de que o goberno de Kurz perdese unha moción de censura o 27 de maio de 2019 tras o Caso Ibiza, Alexander Van der Bellen, o Presidente de Austria, nomeou a Bierlein como sucesora de Kurz (tras un breve período interino de Hartwig Löger).[3] É a primeira chanceler muller de Austria e espérase que ocupe o cargo até as próximas eleccións ao Consello Nacional, que están programadas setembro de 2019.[3] O nomeamento de Bierlein foi aprobado cos votos a favor de todos os partidos políticos do Consello Nacional.[17]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Bierlein está solteira e non ten fillos.[4][8] A súa parella, Ernest Maurer é un xuíz retirado[6][8] que, en 2006, recibiu críticas en todo o mundo por absolver a David Irving, notorio negador británico do Holocausto. Os seus seguintes xuízos recibiron grande atención internacional[18] e foron criticados, entre outros, polos científicos sociais austríacos Ruth Wodak e Alexander Pollak nun libro en 2002 no que sostiñan que os seus veredictos trivializaban as ideoloxías racistas.[19] Así, nun dos veredictos argumentaba:[20][21]

A defensa da pureza racial, a saúde hereditaria e a integración dos estranxeiros non é por natureza irrespetuosa. A idea dunha raza pura e de persoas hereditarias en si é un ideal non inventado polo nacionalsocialismo

Igualmente, en novembro de 2006, o Tribunal Europeo de Xustiza revocou tres dos veredictos de Maurer contra o diario austríaco liberal Der Standart[18]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Brigitte BIERLEIN". vfgh.gv.at (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  2. "Presta juramento el primer Gobierno austríaco liderado por una mujer, la jueza Brigitte Bierlein". 20 minutos (en castelán). 3 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Said-Moorhouse, Lauren (30-5-2019). "Austria names its first female Chancelor". cnn.com (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Jungwirth, Michael; Swoboda, Manuela (21 de febreiro de 2018). "Erstmals eine Frau an der Spitze des Höchstgerichts". kleinezeitung.at (en alemán). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Kommenda, Benedikt; Aichinger, Philipp (21 de febreiro de 2018). "Bierlein: Stets die Erste - jetzt auch im Verfassungsgerichtshof". diepresse.com (en alemán). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Prechtl, Elisabeth (30 de maio de 2019). "Brigitte Bierlein: Die erste Frau im Kanzleramt". nachrichten.at (en alemán). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  7. 7,0 7,1 7,2 John, Gerald (23 de febreiro de 2018). "Brigitte Bierlein, Pionierin an der Spitze des Höchstgerichts". derstandard.at (en alemán). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 "Brigitte Bierlein: Paradejuristin wird erste Frau an VfGH-Spitze". diepresse.com (en alemán). 21 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  9. 9,0 9,1 "Paradejuristin wird erste VfGH-Präsidentin". derstandard.at (en alemán). 21 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  10. "Der Mann an Bierleins Seite". oe24.at (en alemán). 1 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2019.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  11. Bischof, Daniel (13 de abril de 2018). "Vertraut und distanziert". wienerzeitung.at (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2019..  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  12. Weber, Ina (3 de xaneiro de 2007). ""Befangene" Richter: SPÖ im Notfall für Gesetzesänderung". wienerzeitung.at. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  13. Aichinger, Philipp (27 de decembro de 2009). "Höchstrichterin: Nein zu Frauenquoten". diepresse.com (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  14. "Bierlein wird VfGH-Präsidentin, Brandstetter rückt nach". diepresse.com (en alemán). 21 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  15. "Neues VfGH-Präsidium von Van der Bellen angelobt". diepresse.com (en alemán). 23 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  16. "VfGH-Präsidentin Bierlein: "Ich war nie bei einer politischen Partei"". nachrichten.at (en alemán). 26 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  17. "Austria gets first woman chancellor after video scandal". bbc.com (en inglés). 30 de maio de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2019.. 
  18. 18,0 18,1 Burgmer, Christoph (22 de xullo de 2002). "Alexander Pollak / Ruth Wodak. Der ausgebliebene Skandal. Diskurshistorische Untersuchung eines Wiener Gerichtsurteils.". deutschlandfunk.de (en alemán). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  19. Kenk, Florian (13 de decembro de 2000). ""Rassenrein & erbgesund"". falter.at (en alemán). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  20. "Kopf des Tages: Der Richter der Rechten wird grantig". derstandard.at. 20 de decembro de 2006. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  21. A cita orixinal dicía o seguinte: "Das Eintreten für Rassenreinheit, Erbgesundheitslehre und gegen die Integration von Ausländern ist per se betrachtet nicht ehrenrührig. Die Idee vom rassenreinen und erbgesunden Volk an sich ist eine Idealvorstellung, die nicht erst vom Nationalsozialismus erfunden wurde."
  22. "Anfragebeantwortung" (PDF) (en alemán). Consultado o 4 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wodak, Ruth; Pollak, Alexander (2002). Der ausgebliebene Skandal. Diskurshistorische Untersuchung eines Wiener Gerichtsurteils. Viena: Czernin Verlag. ISBN 978-3-7076-0134-3. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]