Brigantium (publicación)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Brigantium (homónimos).
Brigantium, subtitulado Boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña, foi un boletín bilingüe anual editado polo Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña.
Índice |
[editar] Descrición
Publicouse dende 1980 ata 1998 e foi dirixido por Felipe Senén López.[1] Colaboraron nel, entre outros, J.M. Vázquez Varela, Felipe Criado Boado, Fernando Alonso Romero, Jaime Delgado e Raquel Casal García.
Os seus temas eran a prehistoria, a historia, a etnografía, a arqueoloxía, a arte, a epigrafía e a numismática. Sobresaíu pola presentación e calidade dos traballos, sempre ilustrados. O artigos comezaban por un resumo en castelán, galego ou inglés, segundo a lingua escollida polo autor.
[editar] Notas
- ↑ O director honorario era Manuel Chamoso Lamas