Breyten Breytenbach
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Breyten Breytenbach | |
|---|---|
| Breyten Breytenbach | |
| Nacemento: | 1939 Bonnievale |
| Nacionalidade: | Francesa |
Breyten Breytenbach, nado en Bonnievale en 1939, é un escritor en afrikaans e inglés e pintor surafricano con nacionalidade francesa.
[editar] Traxectoria
Estudou Belas Artes na Universidade de Cidade do Cabo, onde entrou no grupos de oposición ao apartheid. A comezos da década de 1960 marcha a París, e ao casar cunha francesa de orixe vietnamita non se lle permite regresar por infrinxir a Lei de Prohibición de Matrimonios Mixtos (1949) e a Lei de Inmoralidade (1950).
En Francia foi un dos fundadores de Okhela, un grupo de resistencia contra o apartheid no exilio. Nunha viaxe ilegal a Suráfrica en 1975 foi arrestado e condenado a nove anos de prisión por alta traizón. Liberado en 1982 debido á intervención internacional, regresou a París e obtivo a nacionalidade francesa.
A obra de Breytenbach inclúen numerosos títulos de poesía, novelas e ensaios, moitos escritos en afrikaans e outros publicados orixinalmente en inglés. É irmán de Jan Breytenbach, o fundador das forzas especiais surafricanas.