Botellón
Botellón é un termo que describe o costume estendido en España desde finais do século XX, sobre todo entre os mozos, de reunirse en grupos relativamente numerosos e na vía pública para consumir alcohol principalmente.
[editar] Costumes
Esta actividade realízase, entre outros, en lugares públicos como parques ou zonas abertas da vía pública. Nalgunhas cidades, onde o botellón se centralizou nalgún punto en concreto, chéganse a reunir miles de persoas cada fin de semana.
[editar] Polémica
As principais críticas cara ao fenómeno do botellón proceden das autoridades e, principalmente, dos veciños. As queixas céntranse no ruído que se produce ata altas horas da madrugada e a sucidade xerada tras a festa. Así mesmo, rexistráronse actos de vandalismo, rotura de mobiliario urbano e pelexas.
[editar] O botellón en Galicia
Nas cidades galegas hai certas zonas preferidas para facer botellón. Estás zonas, ás veces coñecidas como botellódromos, son:
- A Coruña: Xardíns de Méndez Núñez.
- Ourense: A Alameda.
- Pontevedra: Actualmente, e co consentimento da Corporación Municipal, o Recinto Feiral, debido á prohibición por parte do Concello da práctica do botellón no Campiño de Santa María e na Praza da Pedreira, emprazamentos onde ata o verán do ano 2008 se practicaba o dito fenómeno.
- Santiago de Compostela: A Alameda.
- Vigo: Praza da Estrela (lugar coñecido coma "O nadador").
- Lugo: Parque Rosalía De Castro