Borja Golán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBorja Golán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata

Borja Golán Santín, nado no Milladoiro o 6 de xaneiro de 1983, é un xogador profesional de squash galego.

Proclamouse 16 veces campión de España e está considerado o mellor xogador español de squash da historia.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista en 2017. Nós Televisión.

Comezou a súa carreira profesional no ano 2002 gañando ese mesmo ano o Open de Italia e proclamándose campión de España en Palma de Mallorca.[4] Dende ese momento e ata 2019 gañou todos os partidos que disputou en España, ata que perdeu un partido por primeira vez en 17 anos fronte a Edmon López.[5] Nese período gañou o campionato de España en 16 ocasións, todas excepto a edición de 2010,[6] que non puido disputar pola rotura do ligamento cruzado anterior que sufriu en Bogotá, no Aberto de Colombia, xusto despois de colocarse como número 10 da clasificación mundial ao acadar a final de dito torneo.[7][8]

En 2006 proclamouse subcampión de Europa tras xogar a final contra o francés Grégory Gaultier, posto que repetiu en 2012, cando perdeu na final contra o finés Olli Tuominen.[9] En 2014 alcanzou o posto número 5 do mundo[10] e ao ano seguinte quedou de novo subcampión europeo perdendo na final de novo contra Gaultier.[11] Finalmente en 2016, en Praga, converteuse por primeira vez en campión de Europa, ao gañar na final do torneo ao mesmo Gaultier por 3-2.[12] Tras quedar terceiro en 2017,[13] gañou de novo o título continental en 2018, ao vencer na final ao británico George Parker por 3-2.[14][15] En 2019 alcanzou de novo a final europea, mais non puido gañar ao alemán Raphael Kandra.[16]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi elixido varias veces mellor deportista de Ames[17][18] e a pista de squash de Bertamiráns leva o seu nome.[19]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión de Europa en 2016 e 2018.[20]
  • 16 campionatos de España.[21]
  • 32 campionatos do circuíto mundial de squash.[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Borja Golán cede la corona de campeón de Europa de squash". Marca (en castelán). 7 de setembro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  2. "Borja Golán, subcampeón de Europa de squash: «Me gusta ir siempre de cara»". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de outubro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  3. "Entrevista a Borja Golán" (en castelán). 16 de maio de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  4. "A golpe de raquetazos". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de maio de 2002. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  5. "Borja Golán perde un partido en España 17 anos despois". TVG. 11 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  6. "No diga squash español, diga Borja Golán". El Correo Gallego (en castelán). 13 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  7. "Borja Golán, del 'top ten' al quirófano". Marca (en castelán). 15 de outubro de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  8. "El gallego que manda en el squash español". La Voz de Galicia. 8 de outubro de 2011. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  9. "Borja Golán se proclama subcampeón de Europa de squash en Helsinki". El Correo Gallego (en castelán). 29 de maio de 2012. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  10. "Borja Golán ya es el número 5". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  11. "Resultados Europeo 2015" (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  12. "Borja Golán, primer español campeón de Europa" (en castelán). 10 de outubro de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  13. "O amesán Borja Golán consegue o terceiro posto no Europeo de squash celebrado en Nottingham". 28 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  14. "Borja Golán, un campión de Europa con 35 anos". TVG. 4 de setembro de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  15. "O amesán Borja Golán proclámase bicampión de Europa de squash". 3 de setembro de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  16. "Borja Golán cede la corona de campeón de Europa de squash". Marca (en castelán). 7 de setembro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  17. "O Concello de Ames premia ao seus mellores deportistas e clubs na VIII Gala do Deporte". 30 de novembro de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  18. "Blanca Millán e Borja Golán foron elixidos como os deportistas máis destacados do 2018 na XIII Gala do Deporte de Ames". 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  19. "Borja Golán, profeta en su tierra antes de competir en la Grasshopper Cup". El Correo Gallego (en castelán). 26 de marzo de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  20. Borja Golán, campeón de Europa por segunda vez (en castelán)
  21. 21,0 21,1 Borja Golán gana en Montreal su título 32 del Circuito Mundial de Squash Arquivado 02 de setembro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]