Boeing B-29 Superfortress

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
B-29 Superfortress
Boeing B-29 Superfortress USAF.JPG
Boeing B-29 Superfortress
Tipo bombardeiro estratéxico
Fabricante Boeing
Primeiro voo 21 de setembro de 1942
Introducido 8 de maio de 1944
Retirado 21 de xuño de 1960
Construídos 3.960

O Boeing B-29 Superfortress foi un bombardeiro pesado catrimotor estadounidense, usado na Segunda Guerra Mundial e na Guerra de Corea. Foi a principal arma de ataque utilizada contra Xapón e continuou en servizo en varios roles durante os anos 50. A RAF británica tamén usou o B-29 e bautizouno co nome de Washington, e a Unión Soviética fabricou unha copia sen licenza coñecido como Tupolev Tu-4. O nome "Superfortress" deriva do seu famoso predecesor, o B-17 Flying Fortress. O B-29 foi o proxenitor dunha serie de bombardeiros, avións de recoñecemento, de adestramento e de repostaxe en voo construídos por Boeing, entre os que estaba o B-50 Superfortress, unha variante do B-29. Os posteriores modelos da compañía, impulsados por rectores (o B-47 Stratojet e o B-52 Stratofortress) continuaron a linaxe.

O B-29 foi un dos avións máis grandes en servizo na Segunda Guerra Mundial. Era un bombardeiro moi avanzado nesa época, que incluía características como unha cabina presurizada, un sistema elctrónico de control de fogo, e torretas de metralladoras manexadas por control remoto. Aínda que foi deseñado como bombardeiro diúrno de gran altitude, na practica realmente realizou máis misións nocturnas a baixa cota con bombas incendiarias. Foi o principal avión na campaña de bombardeos estadounidense contra Xapón nos últimos meses da guerra, e levaron as bombas atómicas que destruíron as cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki. A diferenza doutros bombardeiros da guerra, o B-29 continuou en servizo moito tempo despois do seu final, e incluso un feixe deles foron empregados como transmisores voantes de televisión para a compañía Stratovision. O modelo foi finalmente retirado a principios dos anos 60, despois de ser construídos 3.960 exemplares.