Tupolev Tu-4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tupolev Tu-4
Tu4.jpg
Tipo bombardeiro estratéxico
Fabricante Tupolev
Primeiro voo 19 de maio de 1947
Introducido 1949
Produción 1949 - 1952
Construídos 847

O Tupolev Tu-4 (designación OTAN: Bull) foi un bombardeiro estratéxico soviético que servíu dende finais dos anos 40 ata mediados do anos 60 na Forza Aérea Soviética. Foi unha copia de enxeñería inversa do avión estadounidense Boeing B-29 Superfortress.

Cando rematou a súa produción na Unión Soviética en 1952, fabricáranse un total de 847 exemplares. Construíronse moitas variantes experimentais e a valiosa experiencia puxo en marcha o programa soviético para producir bombardeiros estratéxicos. Os Tu-4 foron retirados nos anos 60, sendo substituídos por avións máis avanzados: o Tupolev Tu-16 e o Tupolev Tu-95. A comezos da década dos 60 o único Tu-4 aínda operado poos soviéticos foi usado para o transporte ou laboratorio aéreo.