Boeing B-17 Flying Fortress

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
B-17 Flying Fortress
B-17 on bomb run.jpg
Boeing B-17
Tipo bombardeiro pesado
Fabricante Boeing
Primeiro voo 28 de xullo de 1935
Introducido abril de 1938
Principais usuarios USAAF e RAF
Construídos 12.677

O Boeing B-17 Flying Fortress (fortaleza voante) foi un famoso bombardeiro cuadrimotor pesado da Segunda Guerra Mundial. Fabricado dende 1935 e posto en servizo en 1937 coa forza aérea do exército dos Estados Unidos (USAAF) e a RAF de Gran Bretaña.

Efectuou milleiros de misións cos Aliados durante a guerra, sobre todo en Europa aínda que tamén tomou parte na campaña do Pacífico, demostrando ser un dos máis fiables bombardeiros da contenda xunto co Consolidated B-24 Liberator. As últimas versións deste bombardeiro estaban armadas con 13 metralladoras de 12,7mm e podían cargar case 8.000 kg de bombas (dependendo do modelo).

Historia[editar | editar a fonte]

O B-17 baseouse no modelo B-299 de Boeing, que á súa vez viña dun prototipo anterior, o 294, de onde colleu a idea de utilizar catro motores, e nun modelo comercial de Boeing, o 247, de onde vén a construción totalmente metálica.

En total fabricáronse 12.677 aparatos para os Aliados. A maior parte foron construídos nas plantas de Boeing en Seattle e Wichita, pero non foi este o único fabricante: tamén foron producidos por Douglas Aircraft Company na súa planta de Long Beach, e a subsidiaria Vega de Lockheed Corporation. Ao redor dun terzo do total, uns 4.750, perdéronse en misións de combate. Durante estas misións tiraron 640.036 toneladas de bombas sobre brancos europeos.

Primeiros modelos[editar | editar a fonte]

O primeiro prototipo, baseado no B-299, voou o 28 de xullo de 1935. Contruiríanse 13 unidades da versión inicial de proba, denominada Y1B-17, con números de serie do 36-149 ao 36-161.

Y1B-17 en voo

Destes 13 exemplares, o 36-151, posteriormente numerado como 37-369, foi designado como Y1B-17A, e sería o banco de probas para a primeira versión do bombardeiro, o B-17A de preserie. Neste aparato probáronse os motores Wright R-1820-51 (G5) Cyclone con compresores Moss-General Electric, que aumentaban a súa potencia e autonomía, permitíndolle levar máis carga.

O B-17B sería o primeiro modelo de serie, e construiríanse un total de 39 exemplares. A esta seguíulle unha segunda serie de produción con algunhas modificacións con respecto á anterior composta por 38 avións ordenados en 1939. Esta foi designada B-17C, e 20 deses bombardeiros foron enviados á RAF baixo a lei de Préstamo e Arriendo (lend-lease). Os avións que usaron as forzas aéreas estadounidenses volverían á fábrica en 1941 para ser convertidas á versión B-17D.

No mes de abril de 1940 encargáronse 40 B-17C máis. Esta nova serie presentaba diferencias coa anterior, polo que foi designada B-17D. O primeiro avión desta serie voou o 3 de febreiro de 1941.

Produción en masa[editar | editar a fonte]

A primeirra versión en producirse masivamente foi a B-17E, da que se fabricaron 512 unidades. Incorporaba a novidade de dúas torretas con dobres metralladoras Browning M2 de 12,7mm, unha en posición dorsal e outra en posición ventral. As primeiras 113 unidades levaron na posición ventral unha torreta comandada a control remoto, pero como esta reveló ser ineficaz, foi substituída por una torreta Sperry en forma de burbulla, que o artilleiro operaba manualmente con manivelas e pedais; requeríase ser de tamaño moi pequeno para ubicarse alí, en posición fetal. Toda a parte traseira da fuselaxe foi redeseñada para solucionar un problema de "zona cega", incorporándose na cola outra torreta con dúas metralladoras, o que prolongou a fuselaxe en case dous metros. Aumentouse a capacidade de carga de bombas e de combustible, co que o modelo resultaba algo máis lento e pesado que o seu predecesor, pero moito mellor defendido. A primeira unidade voou o 5 de setembro de 1941, e a última saíu da fábrica de Boeing o 28 de maio de 1942. Debido ao aumento das posicións de defensa, a tripulación do B-17E era de dez homes: piloto, copiloto, bombardeiro, navegante, enxeñeiro de voo, radiooperador, artilleiro de cola, artilleiro ventral e dous artilleiros laterais. A metralladora frontal era operada normalmente polo navegante ou o bombardeiro cando non estaban dedicados ás súas tarefas específicas, e a torreta dorsal era operada usualmente polo enxeñeiro de voo.

Lockheed Vega B-17F

As experiencias operativas dos B-17E no Pacífico levaron a una serie de melloras que resultaron no modelo B-17F. Se ben a aparencia externa deste modelo é igual á do B-17E, salvo porque a proa transparente do novo B-17F está composta dunha única peza de plástico, realizáronse máis de 400 modificacións internas. Instalouse unha nova torreta, montaxes externas para bombas, novas hélices, filtros para as tomas de aire dos carburadores, un sistema de osíxeno mellorado, un sistema dual de freos, máis equipo fotográfico, un enlace electrónico para o piloto automático e novas montaxes esféricas para a metralladoras no morro. Os seus motores eran os novos Wright R-1820-97 Cyclone, capaces de ofrecer potencias de 1380HP por breves períodos. Instalouse tamén un tren de aterraxe máis robusto, que permitiu elevar a carga máxima a 29.056 kg e posteriormente a 32.688 kg.

O primeiro B-17F (41-24340) voou o 30 de maio de 1942. A introdución constante de pequenos cambios na liña de produción deste modelo obrigou a empregar un esquema de designación por bloques para facilitar o mantemento. Ao mesmo tempo, a incorporación doutros fabricantes á produción fixo necesaria una distinción adicional. Os primeiros 50 fueron B-17F-1-BO ("1" polo lote de produción, "BO" por Boeing). A partir do cuarto lote, a cantidade de cada un foi irregular; o último bloque producido por Boeing fue o 130-BO.

Construíronse en total de 3.405 B-17F. Deles, Boeing produxo 2.300, Douglas fabricou 605 na súa planta de Long Beach, California (lotes (B-17F-1-DL a -85-DL), e a división Vega de Lockheed produxo 500 en Burbank, California. Os B-17F construídos polas tres compañías non tiñan diferencias externas (só eran recoñecibles polos seus números de serie) e presentaban lixeiras variacións nos detalles internos, particularmente no armamento. Outras moitas modificacións no armamento se fixéronse directamente sobre o terreo: el famoso "Memphis Belle" tiña por exemplo 4 metralladoras calibre .50 montadas na proa.

Cara o final da produción do B-17F, decidíuse agregar una torreta Bendix con dúas metralladoras por debaixo da proa, para aumentar a capacidade defensiva. Os cambios programados para o lote 135-BO dos B-17F eran tantos que xustificaba un cambio de denominación, a B-17G. As metralladoras nos laterais do morro, introducidas nas últimas series de B-17F, mantivéronse, pero nunha nova disposición escalonada. A partir das subseries 80-BO, 45-DL e 35-VE incorporouse a montaxe denominada "Cheyenne" para as metralladoras de cola, con mira por reflector, que acurtou a lonxitude total en 12,7 cm. O modelo B-17G foi o que se produciu en maior cantidade. Cando a produción rematou finalmente en 1945, fabricáranse 8.680 B-17G: 4.035 construídos por Boeing, 2.395 por Douglas e 2.250 por Lockheed Vega.