Baluchistán
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Baluchistán é unha das catro provincias que compoñen Paquistán. Esta provincia abrangue parte do Beluchistán histórico histórico (hoxe repartido entre Paquistán, Irán e Afganistán). A provincia de Baluchistán ten acceso ó Mar Arábigo.
É a provincia de maior tamaño de Paquistán. Porén, debido ao seu terreo montañoso e escaseza de auga, é a menos poboada (arredor de 7.880.000 habitantes) e a de menor densidade de poboación (22,70 hab./km²).
A capital da provincia é a cidade de Quetta, situada nun val preto da fronteira con Afganistán.