Begoña Riobó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBegoña Riobó
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Discogs: 1149545 Editar o valor em Wikidata

Begoña Riobó, nada en Vigo en 1978, é unha violinista, arpista e compositora de folk galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Historia da Arte[2] pola Universidade de Santiago de Compostela é, a día de hoxe, unha das violinistas con máis proxección artística no relacionado coa música galega[3].

Adícase a achegar a música tradicional galega por medio do violín, así como é profesora na escola de música tradicional de Vigo E-trad, onde imparte clases de arpa céltica.

É cofundadora da orquestra SonDeSeu, coa cal editou numerosos discos dende o 2003. No ano 2011 publicou o seu primeiro disco co grupo Riobó, o cal recibe o mesmo nome e que a deu a coñecer como violinista solista.

Viaxou polo mundo levando o violín en galego a países como Francia, Italia, Irlanda ou Finlandia. Colaborou tamén na gravación de discos infantís[4].

Participa ademais no traballo pola integración social, coa axuda da música, dos refuxiados[5] e é cofundadora do campamento de verán Galicia Fiddle Camp da asociación Galicia Fiddle, axudando a mozos e mozas a coñecer a música galega por medio do violín[6].

É cofundadora do grupo Irtio[7].

Discografía[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Riobó (2011)
  • Quiral (2015)

Con Sondeseu[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Begoña Riobó: «Galicia non se pode limitar a gaitas e pandeiretas»". amovida.gal. Consultado o 3 de xullo de 2022. 
  2. "San Simón Fiddle: Profesorado". www.galiciafiddle.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-27. 
  3. "Begoña Riobó". www.begoriobo.com. Consultado o 2019-04-27. 
  4. "(Páxina 41)" (PDF). anosaterra.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2019. Consultado o 2019-04-27. 
  5. "San Simón Fiddle se abre a refugiados sirios en Vigo". Atlántico (en español). Consultado o 2019-04-27. 
  6. "San Simón Fiddle". www.galiciafiddle.com. Consultado o 2019-04-27. 
  7. "San Simón Fiddle: Profesorado". www.galiciafiddle.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-27.