Begoña Amunarriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBegoña Amunarriz
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
22 de marzo de 1984 – 1 de outubro de 1986

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Deputado do Parlamento do País Vasco
31 de marzo de 1980 – 19 de xaneiro de 1984

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , mestra Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Miren Begoña Amunarriz Olano, nada en Donostia o 21 de xuño de 1948, é unha activista feminista e política vasca de ideoloxía nacionalista vasca.

Foi unha das primeiras mulleres que estivo presente no Parlamento Vasco a comezos da década de 1980, sendo neste senso unha das pioneiras na política vasca. Foi unha declarada activista a prol dos dereitos e a presenza da muller na vida política vasca.

Biografía[editar | editar a fonte]

Begoña Amunarriz naceu en 1948 en Donostia no seo dunha familia de nacionalistas vascos. Despois da Guerra Civil o seu pai, que fora gudari, estivo exiliado en Francia e posteriormente foi internado nun campo de concentración franquista. A súa nai estivo varios anos encarcerada durante a guerra. Iso propiciou que Amunarriz se criase nun ambiente familiar abertzale que chocaba coa educación e sociedade do franquismo da época, o que moldeou, nas súas propias palabras, un carácter rebelde. A esta herdanza política, Amunarriz uniu unha conciencia feminista que desenvolveu na adolescencia, influenciada por diversos factores como a figura da súa nai, a lectura, a súa rebeldía ante o ensino relixioso da época e a súa experiencia vivindo en países estranxeiros.

Amunarriz estudou Bacharelato Superior na póla de Ciencias e realizou posteriormente estudos administrativos superiores pola Universidade de Navarra (ISSA) en Donostia. Sendo moi nova marcha a vivir ao estranxeiro, residindo en Bruxelas, Londres e Dublín, cidades nas que realizou estudos de Lingua, Arte e Literatura francesas e inglesas. Froito desta experiencia, ademais de español e éuscaro, domina o francés e o inglés. Tamén realizou estudos de piano no Conservatorio de Donostia.

Á marxe do seu labor político, desenvolvida principalmente entre finais da década de 1970 e principios dos anos 1990, traballou na empresa privada e na docencia. Foi tertuliana habitual en programas de debate en EITB e articulista especializada en temas políticos como: as dúas Guerras Mundiais, maio do 68, Quebec, Terrorismo, Países Bálticos, os Balcáns, o islam, Irán, a Cuestión Xudía, Nacionalismo Vasco e sobre todo, temas relacionados co status da muller na sociedade.

No plano persoal está casada con Xabier Alkorta Andonegi, economista que chegou a ser director xeral da caixa de aforros guipuscoana Kutxa entre 2004 e 2008 e de Caixa Castela A Mancha entre 2009 e 2010 (nomeado tras a intervención da entidade por parte do Banco de España), así como membro do consello de administración da caixa de aforros nacionalizada Novacaixagalicia/NCG Banco desde 2011.[1] A parella ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]