Batiscafo Trieste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batiscafo Trieste

Trieste foi un batiscafo de investigación oceanográfica de deseño suízo cunha tripulación de dous ocupantes. O 23 de xaneiro de 1960 o batiscafo Trieste descendeu na Foxa das Marianas (na costa de Filipinas), a 10.911 metros de profundidade, marca até hoxe non superada. O batiscafo foi deseñado por Auguste Piccard e foi posto en actividade en agosto de 1953 no Mar Mediterráneo, preto de Nápoles, Italia. Posteriormente foi mercado pola mariña dos Estados Unidos de América en 1958, por 250.000 dólares americanos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]