Almirante Fontán, Baíña, Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Almirante Fontán
ConcelloBaiona
Coordenadas42°06′49″N 8°50′35″O / 42.113588746849, -8.8430420732946Coordenadas: 42°06′49″N 8°50′35″O / 42.113588746849, -8.8430420732946
Poboación231 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Almirante Fontán, máis coñecido como O Chaparral[1][2], é un barrio urbano do lugar das Laxes[3], da parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE,[3] en 2022 tiña 231 habitantes (115 homes e 116 mulleres).

Historia[editar | editar a fonte]

É un barrio de vivendas de protección oficial construídas polo Instituto Social da Mariña a comezos da década de 1970 para acoller familias mariñeiras, debido á proximidade ó núcleo de Baiona e ó mar.[4] É un caso semellante ó barrio da Anunciada.

Antes da construción do barrio, o terreo era coñecido como Monte de Santo Estevo, debido á capela na honra deste santo preto do Burgo. Ademais dáballe nome á praia agora chamada de Santa Marta (capela que se atopa tamén preto desta).[5]

O lugar debe o seu nome a Jesús Fontán Lobe, mariño que participou na difusión do Opus Dei en Galicia, responsable da Casa Militar de Francisco Franco e xefe dos servizos secretos españois durante a segunda guerra mundial.[4] Porén, o barrio é coñecido con máis frecuencia como O Chaparral.[6]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Baíña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Baíña no concello de Baiona (Pontevedra)

O Burgo | O Cruceiro | Os Eidos | As Fontes | A Igrexa | As Laxes | O Río | San Cosme | Santa Marta

Parroquias de Baiona[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Atlántico (2012-10-14). "Baiona sustituirá la red de aguas del Chaparral". Atlántico (en castelán). Consultado o 2023-10-18. 
  2. CASTRO, J. (2018-05-24). "Los gatos toman O Chaparral, en Baiona". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-10-18. 
  3. 3,0 3,1 Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Pontevedra, Diario de (2021-09-05). "Jesús Fontán Lobé, jefe de los servicios secretos". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-10-18. 
  5. "Praia de Santo Estevo - 38274000058159". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-18. 
  6. "O Chaparral verá renovados sus servicios de saneamiento y abastecimiento con un coste superior a los 180.000 euros". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 13 de setembro de 2016.