Capela de Santa Marta do Burgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Capela de Santa Marta de Baíña»)
Capela de Santa Marta do Burgo
A ermida de Santa Marta do Burgo
PaísEspaña
LocalizaciónO Burgo (Baíña, Baiona)
Coordenadas42°06′53″N 8°50′11″O / 42.11486, -8.8364Coordenadas: 42°06′53″N 8°50′11″O / 42.11486, -8.8364
editar datos en Wikidata ]

A ermida de Nosa Señora da Asunción do Burgo[1], máis coñecida dende o século XVIII como capela de Santa Marta do Burgo[1][2][3][4], é unha capela do barrio costeiro do Burgo, na parroquia de Santa Mariña de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.[5]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Conserva vestixios do románico de transición. Pódese datar de finais do século XII[Cómpre referencia] e comezos do XIII.[5]

Placa.

É de planta rectangular cunha soa nave. A cuberta é a dúas augas. A fachada occidental ten unha porta de medio punto formada por 12 doelas, probablemente do século XVI. A espadana é sinxela e pequena, cun só oco. A porta sur e os canzorriños conservan o estilo románico. A sancristía foi engadida na reforma do XVIII.[5]

Ó longo do tempo sufriu moitas modificacións, debido a que foi saqueadas polos ingleses, entre eles o pirata Francis Drake en maio de 1585.[5]

Santa Marta[editar | editar a fonte]

Santa Marta é venerada nesta capela con gran devoción. O día 15 de agosto, celébrase unha romaría. Santa Marta dálle nome á península, ó castro e á praia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Martínez Tamuxe, Xoán; Martínez Barbosa, Juan Ramón (2008). Santa Mariña de Baíña e o eremitorio de San Cosme. Aproximación histórica. Comunidade de Montes de Baíña. 
  2. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2017-03-27). "IGREXA CAPELA DE SANTA MARTA DE O BURGO EN BAIONA PONTEVEDRA". Turgalicia. Consultado o 2023-09-30. 
  3. "Capela de Santa Marta de O Burgo (Baiona)". meetrural.com. Consultado o 2023-09-30. 
  4. "Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2023-09-30. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Delegación diocesana de Patrimonio (2008). Arciprestado de Miñor. Vigairía de Pastoral Tui-Vigo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]