Avelino Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAvelino Ramos
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1940 Editar o valor em Wikidata
Parada, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata

Avelino Ángel Ramos López, nado en Parada, Silleda, o 21 de xuño de 1940 e finado en Lalín o 2 de decembro de 2023,[1][2] foi un empresario e filántropo galego.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Negocios na emigración[editar | editar a fonte]

Marchou dende moi novo a Latinoamérica e Estados Unidos. Pola década de 1970, ergueu unha fábrica de produtos de limpeza que operaba coa marca "Mistolín", en Caracas, Venzuela. Dende alí, ampliou as operacións á República Dominicana, Panamá, Porto Rico e Florida, nos Estados Unidos[1] e ampliou os negocios a outras áreas como a comida rápida.

Retorno a Galiza[editar | editar a fonte]

Coa fortuna conseguida, retornou a España, radicouse na comarca do Deza e, no 1988, fundou Productos Disiclín SA en Siador da que, no 2010, se separou e cedeu a xestión a un neto do seu irmán, Antonio.[1] Tamén enfrontou outros negocios como a creación dun hotel que, ao non podelo realizar en Lalín, acabou por construír no 2002 en Silleda, e ao que lle puxo o nome da súa filla, Katiuska.[4] O montante do investimento supuxo máis de 900 millóns de pesetas da época.[5] Na inauguración, o 12 de xuño de 2003, estivo Manuel Fraga, daquela presidente da Xunta de Galicia.[1] En xullo de 2021, foi alugado a Hotusa que o explota baixo a marca Exe.[1]

Filantropía[editar | editar a fonte]

O seu mellor mellor exemplo de filantropía, foi a doazón de 200 000 euros para a construción dunha residencia da terceira idade en Silleda.[1][4][6][7]

Enfermidade[editar | editar a fonte]

A comezos de 2022, sofreu tres ictus nun período de catro meses [6]estando na República Dominicana.[4] Conseguiu recuperarse pero tamén contraeu a enfermidade de Alzhéimer e morreu a finais de 2023 por mor dunha pneumonía.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Sofía Gómez Lorenzo, orixinaria de Santiago de Lebozán en Lalín, e tiveron unha única filla, Katiuska Ramos Gómez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Salgueiro, Xan (4 de decembro de 2024). "El emigrante filántropo que nunca se olvidó de su tierra". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  2. "AVELINO ANGEL RAMOS LÓPEZ". esquelas.de-galicia.com (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  3. Redacción (5 de decembro de 2023). "Pesar en Silleda por el fallecimiento de Avelino Ramos". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Salgueiro, Xan (3 de decembro de 2023). "Silleda despide al empresario Avelino Ramos". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  5. Redacción (24 de abril de 2001). "Ramos continuará adelante con el proyecto del hotel Katiuska". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 Soutelo, Salomé (11 de xullo de 2023). "Avelino Ramos da otra lección de vida". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  7. V., P. (8 de setembro de 2012). "Un silledense dona 200.000 euros para construir la residencia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024.