Ateles hybridus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ateles hybridus
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Parvorde: Platyrrhini
Familia: Atelidae
Xénero: Ateles
Especie: A. hybridus
Nome binomial
Ateles hybridus
Geoffroy, 1829
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.
Subespecies

Ateles hybridus brunneus
Ateles hybridus hybridus

O Ateles hybridus é un primate platirrino neotropical residente en Colombia e Venezuela, pertencente ó xénero Ateles. A especie atópase actualmente en perigo crítico de extinción. Caracterízase por ser un primate non moi pequeno cunha cola prénsil moi longa, a cal utiliza como apoio para trasladarse dun sitio a outro nas pólas das árbores, algunhas veces adoita baixar até o nivel do chan, é un animal que non foxe á presenza humana se non se mostra ningunha agresión.

A súa historia taxonómica foi confusa, pois no pasado clasificouse como unha subespecie de Ateles geoffroyi ou de Ateles belzebuth.[2] Como os demais monos araña, posúe brazos moi longos e delgados, e unha cola elongada e prénsil. Ten o ventre esbrancuxado e un parche na fronte, e en ocasións os ollos azuis, un carácter moi infrecuente nos monos araña.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Urbani, B., Morales, A. L., Link, A. & Stevenson, P. (2008). "Ateles hybridus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. 2,0 2,1 Emmons, L. H. (1997). Neotropical Rainforest Animals. 2nd edition. Pp. 144. ISBN 0-226-20719-6

Véxase tamén[editar | editar a fonte]