Asociación Herpetolóxica Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación Herpetolóxica Española (en castelán Asociación Herpetológica Española, AHE), é unha asociación científica española dedicada á herpetoloxía fundada en Madrid en 1984, no Museo Nacional de Ciencias Naturais.

O seu ámbito de acción vai máis alá da propia España, realizando traballos noutros países: Marrocos, Portugal, Sáhara Occidental, Uruguai, e outros.

A AHE organiza diversas actividades destinadas á investigación e divulgación científica (congresos, programas de conservación), e tamén edita de maneira periódica tres publicacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]