As crónicas do sochantre
| As crónicas do sochantre | ||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||||
|
As crónicas do sochantre é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1956 por Editorial Galaxia, e actualmente é un clásico da literatura galega. A obra xunta varias historias de misterio e crime. Está ambientada nos tempos da Primeira República Francesa, e narra as viaxes do sochantre de Pontivy polos camiños da Bretaña acompañado dunha comitiva de finados contadores de historias.
Índice |
[editar] Trama
Charles Anne de Crozón é un home bretón, de finais do século XVIII. Logo de aprender a tocar o bombardino, pasou a ser o sochantre de Pontivy, e como tal, adoita tocar nos servizos relixiosos. Un día de 1793 é chamado para ir tocar no enterro dun veciño de Quelven. Ao saír de mañanciña da súa vila, dinlle que debe subir a unha carroza con outras persoas que tamén van ao enterro.
Ao pouco de partiren, descobre que os cinco acompañantes son cadáveres de persoas falecidas: Coulaincourt de Bayeux (un coronel aforcado), Guy Parbleu (queimado na fogueira), Jean Pleven (un escribán aforcado), Clarina de Saint-Vaast (unha muller envelenada) e monsieur de Nancy. A carroza está tirada por tres cabalos mortos.
Logo do susto inicial, vai collendo confianza con eles. Ao chegar a noite, os corpos perderon as súas carnes, quedando só os esqueletos. E nunha parada da carruaxe, os mortos comezan a contar as súas historias. Ao proseguir a viaxe, que se ve delongada, vense envoltos nunha batalla da Revolución Francesa, e fan unha particular representación de Romeo e Xulieta.
O sochantre, á fin, toca para o fidalgo de Quelven, pero vese envolto nun lío amoroso co seu esqueleto, e remata correndo escapando del. Finalmente, chega de regreso á súa casa, logo de tres anos de viaxe.
[editar] Narración
A obra está contada en terceira persoa. Hai numerosas descricións, tanto do espazo como da fisionomía das persoas e as súas roupas.
[editar] Estrutura
Comeza cunha introdución sobre a terra de Bretaña e outra sobre o personaxe do sochantre. A acción está dividida en catro partes: "A carroza" (4 capítulos), "As historias" (7), "Os viaxes" (4 capítulos, incluíndo a representación da obra de teatro, e unha parte final. A seguir, hai dous apéndices: o Dramatis personae e unha noticia sobor dun personaxe secundario.
[editar] Edicións
Foi editado por vez primeira en agosto de 1956 por Editorial Galaxia, coa portada deseñada por Suárez Llanos e ilustracións de Xohán Ledo, adicado a Francisco Fernández del Riego. A editorial publicouno posteriormente na colección Narrativa, en 2002 fíxose unha edición para a Biblioteca 120 de La Voz de Galicia, e en 2004 apareceu na Biblioteca Álvaro Cunqueiro.
En 1958 foi traducido ao castelán polo propio autor como Las crónicas del sochantre, recibindo a obra o Premio da Crítica de narrativa castelá en 1960. Foi traducido ao alemán co título de Die Chroniken des Kantors, e en 1992 ao francés como Les Chroniques de sous-chantre (Actes du Sud).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ficha na web da editorial.