Arteria recorrente cubital anterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arterias da man

A arteria recorrente cubital anterior é unha arteria do membro superior, derivada da arteria cubital á altura do cóbado. Discorre entre o músculo braquial anterior e o músculo pronador redondo, aos que vasculariza. Á altura do epicóndilo medial, anastomósase coa arteria cubital colateral inferior e coa superior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.