Arteria recorrente cubital posterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arterias da man

A arteria recorrente cubital posterior é unha arteria do membro superior, póla da arteria recorrente cubital, de maior tamaño cá arteria recorrente cubital anterior, que xorde por debaixo desta. Discorre por detrás e por dentro do músculo flexor común fondo dos dedos e do flexor superficial. Pasa por detrás do epicóndilo medial.

Acada o antebrazo pasando por detrás do olécranon, en íntima relación co músculo flexor ulnar do carpo, ascendendo entre as dúas porcións de tal músculo. Vai pegada ao nervio cubital e irriga os músculos do cóbado, para finalmente anastomosarse coa arteria cubital colateral inferior e a arteria recorrente interósea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.