Arteria colateral externa do dedo índice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arterias da man

A arteria colateral externa é unha pequena arteria que abastece o dedo índice da man. É unha póla da arteria radial, que xorde preto da saída da arteria colateral interna, discorrendo coma esta, entre os músculos interóseos dorsais e o adutor do polgar. Avanza por todo o dedo índice onde adoita emitir unha póla para anastomosarse coa arteria colateral interna do dedo polgar e outra cara o arco palmar arterial superficial.

Nalgunhas ocasións, xorde nun tronco común coa arteria colateral interna do dedo polgar, na denominada primeira arteria palmar metacarpiana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.