Arco palmar arterial superficial da man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O arco palmar arterial superficial da man é un arco arterial do membro superior humano, pertencete á man. Está constituído pola arteria cubital, que xunto, co nervio cubital entra na man pola zona medial do pulso. Esta arteria sitúase entre o músculo palmar curto e as vainas flexoras. Vai por fóra do nervio cubital e do pisiforme. Na zona máis distal, a arteria cubital pasa por dentro do óso ganchudo e despois xira cara fóra, cruzando toda a palma, constituíndo o arco palmar arterial superficial da man. O arco comunícase coa póla palmar da arteria radial.

Pólas[editar | editar a fonte]

O arco superficial aporta tres grandes pólas para a vascularización da man, son as arterias dixitais palmares comúns e unha arteria dixital palmar na zona medial do maimiño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)