Arroaz do Indopacífico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arroaz do Indopacífico.

O arroaz do Indopacífico, Tursiops aduncus (Ehrenberg, 1833), sinónimo Delphinus aduncus Ehrenberg, 1833, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia Delphinidae que vive en augas da India, o norte de Australia, o sur de China, o mar Vermello, e a costa oriental de África.[1]

Alcanza até 2,6 m de lonxitude e un peso de até 230 kg. A súa coloración é gris escura no dorso e gris clara ou abrancazada con manchas grises na rexión ventral.

Determinouse que esta especie é taxonomicamente distinta de Tursiops truncatus en base a estudos de concordancia xenética, osteoloxía e morfoloxía externa.[2]

O status taxonómico de varias subpoboacións de Tursiops (por exemplo fronte as costas de Sudáfrica e o oeste de Australia é cuestionábel, e o xénero pode dividirse aínda máis. [3]

Índice

Notas [editar]

  1. Shirihai, H. and Jarrett, B. (2006): Whales, dolphins and seals. A field guide to the marine mammals of the world. London: A. & C. Black ISBN 0-691-12757-3, p. 159-161.
  2. Hammond, P.S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K., Karczmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W.F., Scott, M.D., Wang, J.Y., Wells, R.S. & Wilson, B. (2008). "Tursiops aduncus" in IUCN Red List of Threatened Species. 2011. (en inglés) Consultada o 14 de maio de 2012.
  3. Hammod, P. S. et al., Op. cit.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Bibliografía [editar]

  • Hammond, P.S.; Bearzi, G.; Bjørge, A.; Forney, K.; Karczmarski, L.; Kasuya, T.; Perrin, W.F.; Scott, M.D.; Wang, J.Y.; Wells, R.S.; Wilson, B. (2008): "Tursiops aduncus". UINC. Lista Vermella 2008.
  • Hammond, P.S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K., Karczmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W.F., Scott, M.D., Wang, J.Y., Wells, R.S. & Wilson, B. (2008). "Tursiops aduncus". UICN. Lista Vermella2011. UINC. Lista Vermella 2012 (en inglés)
  • Mead, J. G. e Brownell, R. L. (2005): "Order Cetacea" in Wilson, D. E. e Reeder, D. M. (Eds.) Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore: John Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4, pp. 723-743.
  • Shirihai, H. and Jarrett, B. (2006): Whales, dolphins and seals. A field guide to the marine mammals of the world. London: A. & C. Black ISBN 0-691-12757-3.

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]