Arquivo intermedio militar noroeste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Arquivo Intermedio Militar Noroeste
EntidadOrganismo oficial
TipoArquivo documental
Norma de creaciónNorma Xeral 5/95 sobre a Organización dos Arquivos Rexionais
PaísEspaña España
SedeEstablecemento militar Baluarte "O Arquivo"
Avda/ do Rei, s/n (15402, Ferrol)
Dependiente deInstituto de Historia e Cultura Militar do Ministerio de Defensa do Goberno de España
SuperiorCentro de Historia e Cultura Militar Noroeste
Sitio webPortal Cultura da Defensa

O Arquivo Intermedio Militar Noroeste (denominado ás veces Arquivo Militar de Ferrol) é un arquivo militar español de titularidade estatal. Como arquivo intermedio, recibe documentación pechada hai 5 anos ou máis desde os distintos arquivos centrais das Unidades, Centros e Organismos militares (UCOs) situados nas Comunidades Autónomas de Asturias, Cantabria, Castela e León, Galicia, País Vasco e A Rioxa, e transfire documentación de máis de 20 anos de antigüidade aos arquivos históricos do Exército de Terra, chamados Arquivos Xerais Militares.[1]

Historia e denominación[editar | editar a fonte]

Conforme o establecido pola Norma Xeral 5/95 sobre a Organización dos Arquivos Rexionais, o Arquivo Militar Rexional Noroeste foi creado en 1995 para asumir a xestión dos bens documentais procedentes das Unidades, Centros e Organismos (UCOs) con sede na demarcación territorial militar denominada Rexión Militar Noroeste, que foron disoltos en aplicación do Plan NORTE (Nova Organización do Exército de Terra).[1]

O Arquivo da Rexión Militar Noroeste pasa a chamarse Arquivo Intermedio da Rexión Militar Noroeste en virtude do Real Decreto 2598/1998, do 4 de decembro, polo que se aprobou o Regulamento de Arquivos Militares, que converteu aos Arquivos Rexionais en arquivos intermedios do Sistema Arquivístico da Defensa.[2]

É habitual ver a denominación de Arquivo Militar de Ferrol en prensa[3], publicacións e conferencias, aínda que existe en devandita cidade outro arquivo militar chamado Arquivo Naval de Ferrol[4] que forma parte do Subsistema Arquivístico da Armada.

Estrutura administrativa, funcións e servizos[editar | editar a fonte]

O Arquivo Intermedio Militar Noroeste forma parte do Sistema Arquivístico da Defensa (SAD) do Ministerio de Defensa dentro do Subsistema Archivístico do Exército de Terra (SAET), que está dirixido polo Instituto de Historia e Cultura Militar (IHCM). Como o resto de Arquivos Históricos e Intermedios Militares do Subsistema Arquivístico do Exército de Terra, o Arquivo Intermedio Militar Noroeste está baixo o mando dun Oficial superior, que é o seu Director e a quen entre outras funcións correspóndelle a representación pública do Arquivo. Ademais, os Arquivos Históricos e Intermedios Militares poden contar cun Director técnico, que será un funcionario do grupo A da Administración do Estado con suficientes coñecementos arquivísticos que depende orgánicamente do Director do centro, e que entre outras funcións ocúpase da dirección do tratamento arquivístico e técnico dos fondos documentais.[2]

As funcións que atribúe o Regulamento de Arquivos Militares[2] aos arquivos intermedios son as seguintes:

  • Control
  • Conservación
  • Descrición
  • Referencia

O Arquivo Intermedio conta cunha Biblioteca Auxiliar, facilita aos cidadáns copias compulsadas dos documentos que custodia e atende as consultas presenciais de documentos na súa Sala de Investigadores, previa presentación de DNI ou Pasaporte. O horario de funcionamento é de 08:00 a 15:30 horas, e o da Sala de Consulta é de 09:00 a 14:00 horas. O Arquivo permanece pechado en festas nacionais, festas autonómicas e festas locais (o 7 de xaneiro e o Luns de Pascua).[1]

Edificio, contacto e accesos[editar | editar a fonte]

Edificio[editar | editar a fonte]

A sede do Arquivo Intermedio Militar Noroeste é a instalación militar chamada Establecemento O Baluarte (Arquivo), que ocupa a maior parte do recinto amurallado chamado Baluarte do Infante, cuxo núcleo orixinal foi construído no último cuarto do século XVIII para a defensa da Praza e ampliado no século XX para o acuartelamento das forzas de Artillaría da cidade. Desde que funciona como sede do Arquivo Intermedio Militar Noroeste, realizáronse importantes obras de infraestrutura para aumentar a dispoñibilidade de espazo destinado a depósito, e en xeral, para adaptar o edificio ás súas funcións, mellorando as súas instalacións e equipamento.[1]

Contacto[editar | editar a fonte]

A dirección postal é Avenida do Rei, s/n Código Postal 15402, Ferrol (A Coruña). Para obter información xeral o teléfono é + 34 981 319 009 , mentres que para reservar un posto na Sala de Investigadores hai que chamar ao + 34 981 319 027[1]

Accesos[editar | editar a fonte]

O Arquivo está a cinco minutos a pé das Estacións de autobús e de ferrocarril da cidade. A empresa Monbus cobre a ruta Vigo-Santiago de Compostela-Ferrol e a empresa Alsa cobre a ruta Madrid-Ferrol, tanto desde a Estación Sur de Autobuses como desde a Terminal 4 do Aeroporto de Madrid-Barallas. A Estación de ferrocarril de Ferrol ten conexións diarias coa Estación de Madrid-Chamartín e con outras cidades.[1]

Por estrada pode chegarse pola Autoestrada do Atlántico que conecta Ferrol coa fronteira portuguesa pasando pola Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Tuy, e outros. Hai que tomar a saída Canido-centro cidade e seguir as indicacións Centro cidade e Praza de España.[1] Existe un aparcadoiro municipal gratuíto á beira do Arquivo.

Existen outras opcións para chegar a Ferrol, tanto en transporte público como en vehículo privado.[5]

Datos estatísticos[editar | editar a fonte]

Os datos estatísticos oficiais dos Arquivos militares son publicados anualmente polo Ministerio de Defensa. Os últimos dispoñibles sobre o Arquivo Intermedio Militar Noroeste son os seguintes:

Ano: 2013[6] 2014[7]
Metros lineais de andel ocupados 7.447 7.707
Metros lineais de andel totais 7.837 8.002
Visitas presenciais á Sala de Investigadores 543 399
Caixas consultadas na Sala de Investigadores 1.804 1.546
Solicitudes por correspondencia postal e electrónica 511 1.141
Metros lineais recibidos desde os arquivos centrais 107 90
Metros lineais enviados aos arquivos históricos 37 37
Metros lineais tratados tecnicamente 52 52

Fondos documentais custodiados[editar | editar a fonte]

Rexións militares de España até 1984.

Correspóndelle recoller a documentación das Unidades, Centros e Organismos (UCOs) que están ou estiveron situados nos territorios das antigas Sexta Rexión Militar, Sétima Rexión Militar e Oitava Rexión Militar.[1]

Os fondos que custodia agrúpanse do modo seguinte: [1][8]

  1. Capitanías Xerais Sexta (1897-1979) e Oitava (1721-1988), así como os Gobernos militares de Navarra (1930-1954), Lugo (1937-1993) e Guipúscoa (1887-1975).
  2. Unidades de Infantaría, Artillaría, Cabalaría e Enxeñeiros, como rexementos, batallóns e parques de artillaría, entre outros (1801-2001).
  3. Documentación de Recrutamento militar (1907-2008): antigas Zonas de Recrutamento e Centros de Recrutamento.
  4. Sanidade Militar e outros organismos de apoio loxístico (1841-2007): Hospitais Militares de Coruña, Santiago, Vigo, Burgos, Vitoria, Bilbao, San Sebastián, Valladolid, etc.
  5. Procedementos da xustiza militar (1809-1998) dos Xulgados e Tribunais Militares con sede en Asturias, Cantabria, Castela e León, Galicia, País Vasco, A Rioxa e Navarra.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Ministerio de Defensa (2009). "Páxina web do Arquivo Intermedio Militar Noroeste no Portal de Cultura do Ministerio de Defensa" (en español). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 18 de octubre de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Real Decreto 2598/1998, de 4 de dicembro, polo que se aproba ol Regulamento de Arquivos Militares" (en español). Consultado o 18 de octubre de 2015. 
  3. Faro de Vigo. "Galicia desenterra os arquivos da represión". Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  4. Ministerio de Defensa (2009). "Páxina web do Archivo Naval de Ferrol no Portal de Cultura do Ministerio de Defensa" (en español). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  5. Concello de Ferrol. "Como chegar a Ferrol" (en Gallego). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2015. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  6. Ministerio de Defensa. Unidade de Estatística do Órgano Central. "Estatística de centros, instalacións e actividades culturais e deportivas do Ministerio de Defensa (2013)". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  7. Ministerio de Defensa. Unidade de Estatística do Órgano Central. "Estatística de centros, instalacións e actividades culturais e deportivas do Ministerio de Defensa (2014)". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2015. 
  8. Melgar Camarzana, Manuel; López Wehrli, Silvia Alicia (2010). Os arquivos militares : que son e como se tratan. Xixón: Trea. ISBN 978-84--9704-492-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]