Appenzell Interior
| Appenzell Interior Appenzell Innerrhoden |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O cantón de Appenzell Interior (en alemán: Appenzell Innerrhoden, francés: Appenzell Rhodes-Intérieures, en italiano: Appenzello Interno, en romanche: Appenzell Dadens) é un cantón da confederación Suíza.
É tamén o segundo cantón máis pequeno de Suíza.
Appenzell é a capital deste semicantón. Appenzell Interior está situado no nordés de Suíza. Limita ao norte co cantón de Appenzell Exterior, ao leste co San Galo. A súa superficie é de 173 km². O pico do Säntis con 2.501,9 msnm é unha das atracións principais do cantón.
Índice |
Historia [editar]
En 1513 o cantón de Appenzell foi o décimo terceiro cantón en unirse á Confederación Suíza. En 1597 o cantón dividiuse en dous semicantones, debido ás desavinzas relixiosas: o semicantón de Appenzell Interior (católico) e o de Appenzell Exterior (protestante).
A constitución foi introducida en 1872.
Economía [editar]
As principais actividades agrícolas do cantón son o pastoreo e a gandaría. Teñen certa relevancia os servizos finanzeiros, o turismo e a industria do metal.
Ingresos (en millóns de CHF): 646 fr
Política [editar]
Os cidadáns do cantón reúnense todos nunha das prazas de Appenzell, o último domingo do mes de abril, para a Landgemeinde (asemblea xeral). Alí as persoas naturais (suízos) votan para elixir os seus representantes ao parlamento cantonal. O cantón de Appenzell Interior foi o último cantón en introducir o voto feminio no 1992. Só logo dunha decisión federal, o cantón víuse obrigado a introducilo voto das mulleres.
Municipios [editar]
O cantón está dividido en distritos no canto de municipios, o que quere dicir que os distritos equivalen ás comunas dos demais cantóns suízos. O seis distritos son:
|
|
|||||||||