Apollo XIII (película)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Apollo 13 | |
|---|---|
| Título orixinal | Apollo 13 |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Ron Howard |
| Produtor | Michael Bostick, Brian Grazer, Todd Hallowell, Aldric La'Auli Porter, Louisa Velis |
| Guión | William Broyles Jr., Al Reinert |
| Intérpretes | Tom Hanks, Ed Harris, Gary Sinise, Bill Paxton, Kevin Bacon, Kathleen Quinlan, Miko Hughes |
| Música | James Horner |
| Director de Fotografía | Dean Cundey |
| Montaxe | |
| Distribuidor | |
| Ano | 1995 |
| Duración | 140 minutos |
| País | |
| Xénero | {{{xénero}}} |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Apollo 13 é unha película estadounidense de 1995, dirixida por Ron Howard.
Narra a historia da nave espacial Apolo XIII, que despegou con tres astronautas a bordo para viaxar á Lúa, onde dúas deles realizarían tarefas de exploración. Unha vez no espazo prodúcese unha explosión a bordo. As avarías resultantes poñen en serio perigo a vida dos tres homes. Eles convértense agora na máxima prioridade do centro de control de Houston. Con todo, a nave debe continuar a súa viaxe cara á Lúa e aproveitar a súa forza gravitatoria para dar a volta e volver á Terra. Pero ninguén sabe se a nave resistirá durante os minutos que durará a entrada na atmosfera terrestre.
Está baseada no libro Lost Moon, de Jim Lovell e Jeffrey Kluger. Gañou dous Premios Oscar, ó mellor son, e á mellor montaxe, e obtivo outras sete nominacións, á mellor película, ao mellor actor de reparto (Ed Harris), á mellor actriz de reparto (Kathleen Quinlan), á mellor dirección artística, ao mellor guión adaptado, aos mellores efectos especiais, e á mellor música.